domingo, 12 de febreiro de 2023

IV Concurso de Microrrelatos Matemáticos

Con motivo da celebración do Día Internacional das Matemáticas, o 14 de Marzo, o Departamento de Mates do centro e a Biblioteca, convocan o IV Concurso de Microrrelatos Matemáticos. As bases da convocatoria atoparédelas a continuación. Tamén están expostas no taboleiro de anuncios da Biblioteca e do Departamento. 

O prazo de presentación dos mesmos é ata  o 3 de Marzo, e os gañadores daranse a coñecer o 14 de Marzo, entregándose os premios na Biblioteca.
 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario