Dende a Biblioteca "Lecer do Ler" queremos convidarvos a homenaxear a nosa escritora máis universal, lendo os seus fermosos poemas e poñendo en valor a súa obra. Todos aqueles que queirades participar podedes apuntarvos na biblioteca.
O recital, celebrarase nos dous recreos do Venres día 23 de Febreiro, data en que se conmemora o nacemento da escritora, na biblioteca.
Haberá agasallos para os participantes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario