Xa estamos a elaborar o Programa do Día das Letras Galegas 2025. Aqui tedes un pequeno adianto.
O Venres, día 16 de Maio, o alumnado do centro celebrará un Recital Musical nos dous periodos de lecer. Teremos actuacións instrumentais , cantos tradicionais, versións, himnos.....e máis sorpresas coa colaboración do Departamento de Música e a Vicedirección do centro.
Tamén podedes atopar información e libros sobre as homenaxeadas deste ano, as Cantareiras, na mostra e exposición instalada na biblioteca e nos paneis dos corredores de ESO e Bacharelato. Grazas tamén ao Departamento de Lingua e Literatura Galega pola súa colaboración.
Esperamos que desfrutedes moito coas actividades previstas e as que están por vir....

Ningún comentario:
Publicar un comentario