martes, 24 de febreiro de 2026

Día de Rosalía. Un Pensamento ....un Verso.



Un Pensamento....un Verso.

Celebramos o Día de Rosalía cunha proposta dos alumnos de 1º ESO, que escolleron e ilustraron unha escolma de poemas da nosa autora, baixo o título de "Un Pensamento....un Verso". Algúns deles, incluso se animaron a facer as súas propias poesías, engadindo estrofas aos poemas escollidos.
Esta escolma serviu de base para a decoración da biblioteca, xunto cunha exposición dos libros máis representativos da autora.
Grazas a todos por participar tan activamente na conmemoración desta efeméride.





 

luns, 23 de febreiro de 2026

Hai unha mensaxe para tí ! III Edición.

Un ano máis, e xa van tres, celebramos o San Valentín, cunha mensaxe para tí. Os nosos cupid@s- voluntari@s, encargáronse de facer chegar mensaxes cheas de amor aos seus destinatarios e destinatarias, que os recibiron encantados. Esperamos que a tradición continúe e o amor reine de novo no noso querido centro. ❤❤❤❤❤❤



venres, 13 de febreiro de 2026

Entroido 2026

 

Xa chegou o Entroido  ao IES Nº1, co estreo do novo grupo de percusión, formado polos alumnos de 2º ESO. A festa de disfraces 2026 foi rachada e a batucada non deixou de soar.

Grazas a todos os participantes e ao Departamento de Música por esta animada actividade.