domingo, 26 de maio de 2013

A LENDA DE AVENTURA


A lenda de
AVENTURA
Por: Manuel Vázquez Augusto, 3º ESO 
______________________________________________________________________

Sinopse

     Michael, un rapaz de trece anos, volve do instituto para pasar unhas tranquilas e alegres vacacións de Nadal coa súa familia, sen embargo un acontecemento fará que toda a súa vida de un xiro brusco e que se vexa inmerso nunha aventura que el nin se atrevera a imaxinar, co obxectivo de salvar un mundo, Aventura, para el descoñecido, e co que sen embargo ten máis relación da que pensa. El e máis dous personaxes (Santran, cabaleiro de Aventura, e Aureo, mago de Aventura residente na Terra, alcumado “o curandeiro”) intentaran deter os malvados plans de Anatármea, Princesa das Sombras, consistentes en liberar á súa raza e conseguir o control sobre Aventura.





    
     Comecei a escribir este libro en setembro, guiado polos primeiros libros de fantasía que me uniran ao xénero, e fun desenrolando a historia co paso do curso ata chegar ás 140 páxinas escritas. Aquí poño o primeiro capítulo deste libro sen rematar do que espero sacar algo en bo (aínda que sexa mínimo). Espero que vos guste e (no hipotético caso de que o publique) a lelo posteriormente cando estea rematado.





 Capítulo: 1
Lume

     A nosa historia comezo o día 21 de decembro do ano 20... en Santiago de Compostela, cando os rapaces volvían para as casas ao saír do instituto para comezar as vacacións de Nadal. Ímonos centrar nun rapaz en concreto chamado Michael, que vivía nunha granxa nas aforas da cidade. Era un rapaz de cabelo dourado e ollos marróns, con 13 anos recén cumpridos de idade, delgado e cunha estatura de metro 65. Non tiña amigos, xa que non era de xuntarse coa xente e era tranquilo e pacífico. Coma sempre ía coller o autobús e parar nas aforas da cidade onde se metería por un camiño que atravesa o bosque e que vai dar á súa casa. Baixou na última parada do autobús e colleu o camiño.

     Durante toda a semana unha néboa espesa cubrira o bosque reducindo a visibilidade a pouco máis da punta do nariz. Pero Michael xa sabía o camiño de memoria e non facía falta que tivera que mirar moi lonxe. Cando ía pola metade do camiño comezou a chover a cántaros e, por desgracia, Michael deixara o paraugas na casa. Entón, un calafrío percorreulle todo o corpo. Como siga así vou coller un catarro, pensou para si.

   Ao estar case na saída do bosque, notou unha luz morada que viña do final do camiño. Achegouse e, repentinamente, a néboa desapareceu deixando a vista o que pasaba: a casa de Michael estaba ardendo. Pero non dunha maneira normal. Da casa saían lapas moradas e, por moito que chovía, o lume seguía medrando. Michael quedou petrificado e mirou horrorizado como a súa casa era consumida por un lume morado. Cando volveu a realidade, veu unha silueta negra que estaba máis cerca do lume pero a unha distancia prudencial. Cando se dispoñía a chamar as emerxencias polo móbil, a silueta mirouno e dos seus ollos saíu un resplandor morado. A silueta correu ata Michael e este botou a correr pero, antes de que se dera de conta, a silueta xa se encontraba diante del. Michael intentou volver a correr e decatouse de que estaba paralizado e a silueta mirábao fixamente. Michael perdeu o sentido.

    
     Cando espertou non sabía nin canto tempo levaba durmido nin onde estaba. Abriu os ollos e o primeiro que veu foi unha cúpula de cristal enriba del. Levantouse á presa e buscou unha porta coa mirada pero non encontrou nada. Estaba nunha sala grande e baleira, có chan de pedra e unha cúpula que acababa nunha especie de antena cunha luz ao final. Confuso, púxose a dar golpes contra a cúpula de cristal. Uns minutos despois, escoitouse un ruído mecánico que viña do chan e unhas escaleiras apareceron no chan. Escoitáronse uns pasos e das escaleiras apareceu un home alto que non pasaría dos 30 anos e que ía vestido cunha roupa marrón que tiña un aire medieval e un debuxo na parte do tronco formado por un rombo granate cunha estrela de catro puntas amarela no centro unida aos vértices por catro triángulos marróns (un por punta).

     Levaba pantalóns tamén marróns pero máis escuros, calzaba unha botas de coiro e no lombo levaba unha capa branca co mesmo debuxo e debaixo desta colgaba unha vaíña baleira bastante grande que seguramente servía para levar unha espada.  Levaba un anel na man dereita de ouro cun cristal semiesférico marrón na punta. Tiña o pelo negro e liso que lle chegaba case a altura dos ombreiros.
     Achegouse a Michael cunha expresión indiferente e díxolle.
     _Sígueme.
     _A onde? Quen es ti? Onde estou? Como cheguei aquí? Por qué...?_dixo Michael alarmado
     _Silencio! Esas preguntas serán respondidas a súa hora!_ordenoulle o home.
     _Pero... _replicou Michael, pero non seguiu porque o home mandáralle unha mirada que lle puxo os pelos de punta.

     Metéronse nas escaleiras e estas baixaron soas 9 ou 10 pisos. Cando parou, unha comporta subiu dando a entrada a un largo corredor con decenas de portas aos lados e unha enorme ao final. Cruzaron o corredor ata a porta do final na que se escoitaba a xente discutindo. O home deu tres sonoros golpes na porta e as discusións pararon de golpe.
     _Pon esto._díxolle o home a Michael ofrecéndolle un colar cun prisma na punta.
     _Quen vai?_preguntou unha voz ronca do outro lado da porta.
     _Santran de Rocálea!

     Escoitouse un golpe forte e as portas abríronse soas deixando ver unha sala circular cun trono ao final onde estaba sentado un ancián vestido cunha túnica branca e amarela co mesmo debuxo que tiña o home que foi recoller a Michael pero dos cores da túnica e con outras letras nas que poñía algo así: “LUZ”.  O home portaba un cetro cun cristal transparente con forma prismática na punta e o bastón de ouro tallado cunhas figuras que Michael non distinguía desde tan lonxe. Aos lados do ancián había dúas mesas longas (unha a cada lado) perpendiculares a porta principal e con cinco asentos cada unha. A dereita estaban sentados 5 homes con roupas similares ás do ancián e a esquerda estaban sentados 4 homes con roupas similares as do tal Santran e un asento baleiro (seguramente o de Santran). O chan da sala era de mármore e no centro había un pentágono cunha estrela pitagórica dentro. Cada punta da estrela tiña unha cor: verde, vermella, azul claro, azul escuro, marrón e ,o centro, amarelo. Cada parte da estrela parecía estar feita de cristal xa que víase un pouco o que tiñan debaixo.
     _Así que este e o rapaz..._dixo o ancián con autoridade. Michael ía engadir algo, pero Santran púxolle a man diante para que calara.
     _Cando cheguei estaba diante dunha casa ardendo e alguén estáballe explorando a mente.
     _Pero ese non é motivo para traelo aquí!!_dixo o ancián case berrando.
     _Pero a casa estaba ardendo... mentres chovía a mares cuberta dun lume violeta.

     Cando dixo esto de todas as gargantas saíu unha exclamación de terror seguida por un silencio sepulcral.
     _Pero... iso non é posible_dixo un home cunha túnica vermella_ese tipo de lume solo o poden facer...

     De repente todos puxeron un xesto sombrío e durante uns segundos, ninguén dixo nada.
     _Temos que avisar ao Consello dos Deuses desto_dixo por fin o ancián_e de momento o rapaz vivirá aquí ata que lle encontremos solución.

     Santran asentiu e guiou a Michael fóra da sala. Cando saíron volveron as discusión pero, esta vez, máis forte. Michael seguiu a Santran ata as escaleiras, subiron 4 pisos e foron por varios corredores ata que Santran abriulle unha porta a Michael.
     _Esta vai ser a túa habitación durante un tempo_engadiu Santran_.Non podes saír dela a non ser que se cho permita.
     _Logo esto é un cárcere_protestou Michael.

     Michael só obtivo silencio como resposta. Enfadado, entrou na habitación. Era moito máis pequena ca sala onde aparecera, tiña unha cama individual, un armario, uns estantes con 2 libros, unha especie de pupitre, algunhas flores e unha ventá cerrada do tamaño dun maletín ao fondo. Deitouse na cama e mirou o reloxo que marcaba o mediodía, o cal lle pareceu raro xa que unha hora antes, cando estaba na sala da cúpula era de noite. Para non aburrirse púxose a mirar os libros dos estantes, pero logo descubriu que non lle ían valer de moito porque non se entendía nada do que poñía. No primeiro que colleu o título poñía “aveftura” en letras de ouro e tiña o mesmo signo que a sala onde Santran levara a Michael tiña no centro. Por dentro era da mesma maneira, todo símbolos e garabatos que Michael non entendía. Rendeuse, zapateou o libro para o chan, deitouse e deixou que pasase o tempo tratando de asimilar o que lle acababa de pasar.

mércores, 22 de maio de 2013

.. E TAMÉN TEMOS " NOV@S " CIENTÍFIC@S

Seis alumnos/as do IES  nº 1 foron seleccionados/as para participar na  4ª Edición dos Campus Científicos de verán organizados pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte co apoio da Obra Social " La Caixa ". Rapaces e rapazas de 4º de ESO e 1º de Bacharelato ( 6 ), poderán participar durante sete días en proxectos científicos deseñados por profesores universitarios e desenvolvidos en Departamentos de investigación de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional. Levaranse a cabo entre os días 30 de xuño e 27 de xullo de 2013.

Erik Bernárdez Doval, participará no Campus Euskampus, da Univ. do País Vasco, no proxecto " Física de alta voltaxe, faiscas, raios e pelos de punta ". Carlos Manuel Corral Casas formará parte do proxecto  " Descubrindo o universo ", que se desenvolverá no Campus Atlántico Tricontinental da Univ. das Palmas de Gran Canaria.

O proxecto " Coñecemento e TIC, entre todos construimos o futuro ", que terá lugar no Campus Bio TIC na Univ. de Granada será o destino escollido por Tania Bugallo Prieto.
Laura Fennan Teira elexiu o proxecto " Gabinete de Física ", que se levará a cabo no Campus Studii Salamantini da Univ. de Salamanca. Marcos González Martínez participará no proxecto " Buscando as partículas máis enerxéticas do universo " inscrito no Campus Vida da Univ. de Santiago de Compostela. E finalmente Jesús Soto Filloy participará no Campus VL C da Univ.Politécnica de Valencia no proxecto " Matemáticas, criptografía e códigos : como usar as matemáticas para entendernos ".

Outros seis alumnos/as do IES quedaron en reserva.

Os Campus Científicos teñen como obxectivo potenciar o interese dos estudiantes pola ciencia, a tecnoloxía e a innovación, ofrecendolles a oportunidade de contactar co labor investigador nun ambiente universitario e multicultural, que os axudará a definir a súa proxección futura de estudos. Ademais poderán disfrutar de actividades complementarias científico-culturais e de lecer. A organización cubrirá os gastos de aloxamento e manutención dos participantes.


NEIRA VILAS NO IES Nº 1

A mañá do martes  7  de maio  foi unha mañá especial no IES Nº 1 do Carballiño. Este día recibimos a visita dun dos máis afamados escritores da literatura galega contemporánea. Visitou o noso centro o escritor Xosé Neira Vilas. A súa chegada produciuse ás 11:30 e nada máis chegar asinou libros a alumnos e profesores ( dous para a Biblioteca ), saudando a todos os asistentes e lembrando as amizades que ten na vila do Arenteiro, froito de visitas anteriores.


O acto estivo organizado pola Asociación Cultural Avantar en colaboración co  IES Nº 1 . Estiveron acompañando ao escritor  Eduardo Bernárdez, representante da citada asociación, e representantes da asociación de libreiros da vila. A conferencia tivo lugar no Salón de Actos do centro e contou coa asistencia de numerosos alumnos que plantearon as súas cuestións ao escritor. Neira Vilas  lembrou ao homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas, Roberto Vidal Bolaño, falou da literatura no exilio e das relacións que mantivo en Bos Aires e Cuba cos intelectuales galegos exiliados. Preguntado polos novos proxectos que tiña en marcha, o escritor falou dos dous libros que está escribindo: o primeiro trata sobre a figura de Francisco Fernández del Riego e o segundo recolle as súas vivencias durante a súa estancia en Cuba nun período de 30 anos. Á pregunta de cales eran os seus libros favoritos, o escritor recoñeceu que  Memorias dun neno labrego, a súa obra máis emblemática, era un deles xunto con outra obra súa, Querido Tomás . Rematou lembrándolles aos rapaces o importante que era a lectura e asinándolles exemplares das súas obras.
Ao final do acto tivemos a sensación de que o tempo pasado con el soubera a pouco.


Consuelo González Álvarez. Profesora do Departamento de Língua e Literatura Galega.  IES Nº 1

xoves, 16 de maio de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Este ano o  Día  das  Letras  Galegas, adícase á figura de  Roberto  Vidal  Bolaño, actor, ensaísta, dramaturgo,  e guionista. A súa actividade creativa  abarcou non só o teatro senon tamén guións para cine , tv, e mesmo ensaio. . Dende o IES nº 1 queremos renderlle unha pequena homenaxe cun anaquiño dun texto pertencente a obra: Integral : 

Camareira: " A primeira vez que entrei neste local díxenme que algún día aquí dentro faríase o que eu dixese. Non puiden facelo como actriz, pero si como xefa. Son moitas as funcións que un ten e que non todo o mundo coñece. Cando un número considerable de representacións cansou xa os artistas, todos os servizos secundarios reséntense tamén da fatiga. O trono acatarra, as pistolas dan falla, os lóstregos non resplandecen, o director descúlpase cos axudantes, éstes, cos mozos de accesorios. É unha cadea. Nun baile de bichos, que formaba parte dos efectos de maxia dun espectáculo representado moitas veces, dous grandes escaravellos, cansos xa dunha danza a que asistiron tantas veces, despoxáronse das súas cunchas, sentáronse comodamente ao abrigo dos compañeiros e mataron o tempo xogando unha partida de naipes.."

O CARBALLIÑO : UNHA CUESTIÓN DE FONDO

Muiño  das  Lousas

Balneario

A Biblioteca segue a incrementar o seu  Fondo de Documentación  Local, con novas adquisicións. Entre outras: " As feiras do Rizo " en edición de Xosé Enrique Acuña e Xosé Luis Cabo. "Ramón  Godás , fotógrafo e impresor " de Xosé Manuel Rodríguez.







A nosa idea é facer unha exposición con todos os materiais que temos e que fan referencia ó noso pobo: dende monografías que teñen como protagonistas ó pulpo e ás pulpeiras, de A. Fidalgo Santamariña.

Templo  Vera Cruz



Non podería fallar o noso 
Templo Vera  Cruz

pequeno homenaxe ó que con toda probabilidade é o máis senlleiro de todos os nosos monumentos: O  santuario ou templo da Vera- Cruz, do que tamén  temos xa unha pequena bibliografía: " Santuario de la Vera-Cruz de San Cibrán de Carballino de Antonio Palacios " . Este interesántisimo libro foi escrito por Adolfo Otero Cerdeira, fillo do mestre canteiro que foi quen de levar á realidade o soño do arquitecto Antonio Palacios.


Polo que atinxe á literatura  tamén contamos con autores cuias obras se desenvolven      todo ou en parte no Carballiño ou na comarca. Tal é o caso de " O Frío Azul " de Ramón Caride Ogando, e de moitas das obras do escritor carballiñés Miguel Anxo Fernández :  , " O Sabre do francés ", " Lume de Cobiza " " O sangue dos Cortiña ". A derradeira aposta dunha novela cuia acción se desenvolve no Carballiño, é dun profesor do noso centro, Juan Manuel Valcárcel :  " La  Cruz del Salvador ".


Como curiosidade , sinalar tamén que contamos con dous exemplrares do libro:
"  El Cisne  de Vilamorta " de Emilia Pardo Bazán, e aquí si que podemos dicir que O Carballiño  e as súas xentes son os protagonistas absolutos desta obra menor de Pardo Bazán, de tal xeito que a escritora  utiliza o alcume Vilamorta para referirse ó Carballiño.  Esta pequena noveliña, préstase para facer un percorrido literario polas rúas do Carballiño, mesmo visitar a localidade de Banga, onde se conserva o Pazo dos Quiroga  no que Emilia Pardo Bazán pasaba as xornadas estivais e, con toda probabilidade escribiu este libro.






martes, 14 de maio de 2013

Diario de Greg

El Diario de Greg es una serie de libros (concretamente seis, al menos hasta ahora) creada por el estadounidense Jeff Kinney.
Trata sobre la vida de un chico llamado Gregory Heffley. Los libros cuentan su vida de una manera cómica y amena para los jóvenes. Greg es, como bien dice el subtítulo de su primer libro ("Un pringao total") Greg es poco hablador y no se lleva muy bien con los compañeros de su instituto, además muchas veces se siente intimidado por alguno de ellos, que ya han pegado el estirón; pero además, su familia, sobre todo sus hermanos mayor y menor no cesan en el intento de molestar aún más a Greg.
Este libro se hizo muy famoso tanto en España como en el resto del mundo, con 1.100.000 de copias vendidas en nuestro país y 16.000.000 en los Estados Unidos.
Lo que más me ha gustado de esta serie de libros es que algunas personas puede sentirse identificadas con Greg. Se lee con bastante fluidez y te puedes divertir un buen rato.

Antonio Adrián González Pedrouzo 2º B.

Xoeliki, unha historia dos piratas actuais


Xoeliki, é unha historia creada por Abraham Carreiro, Un autor galego de literatura infantil.
É a historia dun neno chamado Xoeliki ao que lle gusta moito a informática e os videoxogos.
Sen case darse de conta, veuse estudando nunha escola de piratería!!!!
Consta de dous volumes.
A min este libro gustoume moito porque son bastante afeccionado á informática, Recoméndolle este libro a calquera que lle guste o mundo das novas tecnoloxías e as aventuras.

Daniel Pardo Conde 2ªA



martes, 7 de maio de 2013

A MALVADA Mª XOSÉ

No  Club  de  Lectura  de 1º  de  ESO,  estamos a ler nestes días  as aventuras de " A malvada Mª Xosé "  de  Miguel Vázquez Freire.

A historia dunha  adolescente inconformista que non se sinte a gusto con nada do que lle rodea: amigas, pais, o seu propio corpo.. 

Pero a Mª Xosé, gústalle en cambio que os demais pensen que é malvada e anda matinando sempre en bromas coas que amolar a medio mundo.

Pero aquela broma, que comenzou cunha extraña mensaxe na correa dun gato, ía desencadenar á máis incrible das aventuras.