miércoles, 22 de mayo de 2013

.. E TAMÉN TEMOS " NOV@S " CIENTÍFIC@S

Seis alumnos/as do IES  nº 1 foron seleccionados/as para participar na  4ª Edición dos Campus Científicos de verán organizados pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte co apoio da Obra Social " La Caixa ". Rapaces e rapazas de 4º de ESO e 1º de Bacharelato ( 6 ), poderán participar durante sete días en proxectos científicos deseñados por profesores universitarios e desenvolvidos en Departamentos de investigación de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional. Levaranse a cabo entre os días 30 de xuño e 27 de xullo de 2013.

Erik Bernárdez Doval, participará no Campus Euskampus, da Univ. do País Vasco, no proxecto " Física de alta voltaxe, faiscas, raios e pelos de punta ". Carlos Manuel Corral Casas formará parte do proxecto  " Descubrindo o universo ", que se desenvolverá no Campus Atlántico Tricontinental da Univ. das Palmas de Gran Canaria.

O proxecto " Coñecemento e TIC, entre todos construimos o futuro ", que terá lugar no Campus Bio TIC na Univ. de Granada será o destino escollido por Tania Bugallo Prieto.
Laura Fennan Teira elexiu o proxecto " Gabinete de Física ", que se levará a cabo no Campus Studii Salamantini da Univ. de Salamanca. Marcos González Martínez participará no proxecto " Buscando as partículas máis enerxéticas do universo " inscrito no Campus Vida da Univ. de Santiago de Compostela. E finalmente Jesús Soto Filloy participará no Campus VL C da Univ.Politécnica de Valencia no proxecto " Matemáticas, criptografía e códigos : como usar as matemáticas para entendernos ".

Outros seis alumnos/as do IES quedaron en reserva.

Os Campus Científicos teñen como obxectivo potenciar o interese dos estudiantes pola ciencia, a tecnoloxía e a innovación, ofrecendolles a oportunidade de contactar co labor investigador nun ambiente universitario e multicultural, que os axudará a definir a súa proxección futura de estudos. Ademais poderán disfrutar de actividades complementarias científico-culturais e de lecer. A organización cubrirá os gastos de aloxamento e manutención dos participantes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario