jueves, 16 de mayo de 2013

O CARBALLIÑO : UNHA CUESTIÓN DE FONDO

Muiño  das  Lousas

Balneario

A Biblioteca segue a incrementar o seu  Fondo de Documentación  Local, con novas adquisicións. Entre outras: " As feiras do Rizo " en edición de Xosé Enrique Acuña e Xosé Luis Cabo. "Ramón  Godás , fotógrafo e impresor " de Xosé Manuel Rodríguez.







A nosa idea é facer unha exposición con todos os materiais que temos e que fan referencia ó noso pobo: dende monografías que teñen como protagonistas ó pulpo e ás pulpeiras, de A. Fidalgo Santamariña.

Templo  Vera Cruz



Non podería fallar o noso 
Templo Vera  Cruz

pequeno homenaxe ó que con toda probabilidade é o máis senlleiro de todos os nosos monumentos: O  santuario ou templo da Vera- Cruz, do que tamén  temos xa unha pequena bibliografía: " Santuario de la Vera-Cruz de San Cibrán de Carballino de Antonio Palacios " . Este interesántisimo libro foi escrito por Adolfo Otero Cerdeira, fillo do mestre canteiro que foi quen de levar á realidade o soño do arquitecto Antonio Palacios.


Polo que atinxe á literatura  tamén contamos con autores cuias obras se desenvolven      todo ou en parte no Carballiño ou na comarca. Tal é o caso de " O Frío Azul " de Ramón Caride Ogando, e de moitas das obras do escritor carballiñés Miguel Anxo Fernández :  , " O Sabre do francés ", " Lume de Cobiza " " O sangue dos Cortiña ". A derradeira aposta dunha novela cuia acción se desenvolve no Carballiño, é dun profesor do noso centro, Juan Manuel Valcárcel :  " La  Cruz del Salvador ".


Como curiosidade , sinalar tamén que contamos con dous exemplrares do libro:
"  El Cisne  de Vilamorta " de Emilia Pardo Bazán, e aquí si que podemos dicir que O Carballiño  e as súas xentes son os protagonistas absolutos desta obra menor de Pardo Bazán, de tal xeito que a escritora  utiliza o alcume Vilamorta para referirse ó Carballiño.  Esta pequena noveliña, préstase para facer un percorrido literario polas rúas do Carballiño, mesmo visitar a localidade de Banga, onde se conserva o Pazo dos Quiroga  no que Emilia Pardo Bazán pasaba as xornadas estivais e, con toda probabilidade escribiu este libro.






No hay comentarios:

Publicar un comentario