martes, 28 de abril de 2015

CLUB DO DEBATE

integrantes do equipo do IES  Nª 1
O   IES   Nª   1   está  novamente de sorte., xa que foi o gañador a nivel autonómico  do concurso :  Club  do  Debate, organizado por nove concellos  para  promover o uso oral do galego,  traballo en equipo, intercambio de ideas e o espíritu crítico.
 
Participaron desta volta máis de vinte centros de toda Galicia. O concurso contou con dúas fases: a primeira fase, celebrouse en Pontevedra, e esta fase final en Carballo, entre os seis equipos que resultaron finalistas.
 
 
 
O  fío  do debate na derradeira fase foi:  " Herdamos o galego, temos que transmitilo ".  O concurso consiste en que, os equipos , dun xeito alternativo, argumenten a favor e en contra do tema proposto.
A competencia foi moi grande pola calidade de todos os integrantes dos equipos  dos distintos centros, pero xa sabemos que en todos os concursos ten que haber un gañador.. e este ano foi o noso centro, de aí  que estemos tan ledos. Parabéns para os integrantes do Equipo: Manuel Vázquez Augusto, Nazareth Pedrouzo González, Adrián Godás della Rippa, Víctor Jesús Barreiro Domínguez  e Héctor López Lorenzo. A nosa noraboa tamén para as dúas profesoras que  coordinaron e prepararon  aos alumnos e  que ademais forman parte do equipo da biblioteca :  Nieves  Abelleira Gómez  e  Ana Lousado Duro.

venres, 24 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO NAS RÚAS DO CARBALLIÑO



Un ano máis  os  centros educativos e a biblioteca municipal saimos á rúa para celebrar  este 23 de abril. A cita, como xa ven sendo habitual nos últimos anos é na  Praza Maior  e nos soportais da mesma.
Este ano, adicouse especialmente á  poesía en distintas línguas, utilizando a língua orixinal  dos distintos autores. No IES nº 1 do Carballiño, colaboraron sobre todo os distintos  departamentos de língua : galega, castelá, inglés, francés, latín e grego .



Os rapaces e rapazas recitaron poemas de diversos autores: Avilés de Taramancos, Celso E. Ferreiro, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro , Curros Enríquez, Carmen Pallarés, Juan Ramón Jiménez, José Antonio Plaza, Luís Cernuda, Pedro Salinas, Federico García Lorca. Houbo tamén lectura de poemas en inglés : Shakespeare, Lord Byron, Tim Burton...
en francés: René Char, Du Bellay, e mesmo poemas en latín de Catulo.
Como fondo, houbo  música de guitarra  e o tempo metereolóxico  tamén acompañou.

No recital poético  participaron máis de trinta alumnos-as dos dous institutos do Carballiño.

Como noutras edicións, tamén levamos unha pequena exposición de distintos fondos documentais que temos na Biblioteca. Este ano estructurado nos seguintes apartados : Ciencia, Poesía, " Libro de Cine, o cine e os libros ". Non podían fallar os fondos da Sección Local adicada ó Carballiño, así como unha escolla de Libros Especiais  e Banda  Deseñada. Subliñar tamén  que houbo moita asistencia de alumnado e profesorado de ambolosdous institutos.
Dende aquí, queremos dar as grazas a todos os profesores-as que colaboraron na escolla dos poemas e, tamén a: Nerea, Abril, Tania, Uxío , Patricia, Laura, Diego, Jennifer, Andrea e Rita por  recitalos con tanto sentimento.





 

luns, 20 de abril de 2015

A Historia dun libro contada por el mesmo: MIÑA QUERIDA SHEREZADE de ANDREA MACEIRAS

Estamos de sorte neste abril: a escritora  Andrea Maceiras tamén visitou o centro para falarnos de seu libro:  " Miña querida Sherezade ". Esta vez a cita foi no salón de actos e para os alumnos-as de 1º de ESO . Fixo a presentación o alumno : Manuel González Mosquera .
A escritora nos explica que a historia xorde pola fascinación que ela sentiu dende nena por un vello libriño que atopa na casa dos avós: trátase dunha edición moi antiga de : " As mil e unha noites ", compilación de relatos tradicionais orientais. En Europa , o seu equivalente son os contos de fadas  que reuniron  os   irmáns Grimm. Subliña tamén que , nin os relatos orientais nin os europeos foron, na súa orixe, creados para nenos.
Os que coñecen " As mil e unha noites " saben tamén que o fío conductor das distintas historias do libro é a personaxe de Sherezade : unha muller intelixente que utiliza o seu inxenio para sobrevivir.
A. Maceiras nos conta que este libro misterioso da biblioteca dos avós sempre lle suxeriu moitas preguntas : Quen foi o primeiro propietario ?.  A que lugares viaxou o libro ?. Por cantas mans pasou ?. 
 
A partir de aí construe unha fábula, na que o propio libro  se converte na personaxe principal , narrando a historia:  dende  a súa publicación -1908- da man do prestixioso editor: Saturnino Calleja, un dos grandes iniciadores da literatura infantil e xuvenil en España ata   algunhas das personaxes principais do libro: Leopoldo de Valdés, Elisa, Anselmo.
As " peripecias " do libro abarcan todo o século XX e parte do XXI, aludíndose nesta historia á emigración cara America de tantos galegos, o traballo nas fábricas conserveiras das Rías Baixas , ou a Guerra Civil.. para chegar o século XXI , onde se prantexa un final moi aberto.  Tamén resulta moi curioso, a  normalidade absoluta coa que se mesturan as personaxes literarias do propio libro con algúns dos seres máis emblemáticos  de " As mil e unha noites "  como Simbad, Aladino ou  o Xenio da Lámpara , sempre con Sherezade  ao fondo da narración : sinxela, misteirosa como o símbolo de alguén que se salva a través da literatura.



        "  Miña querida  Sherezade ".   Andrea  Maceiras.  Baía  Edicións
 


venres, 17 de abril de 2015

VISITA DA ESCRITORA LEDICIA COSTAS

Ledicia Costas falando para os rapaces de 2º de ESO
A escritora  Ledicia  Costas  visitounos hai uns dias para falar ós alumnos-as de 2º de ESO do seu libro: " Recinto Gris " que, con anterioridade  xa fora lido polos rapaces.
A presentación estivo a cargo de Miguel González  ( 2º de ESO .
                                          A autora explicou que o libro , aínda que non se nomee, é unha metáfora do holocausto nazi, un xeito de denuncia, xa que ela pensa  que o nazismo non se estuda o suficiente no ensino.
Tamén nos contou como xurdiu a idea do libro: un pouco por casualidade, e despois de escoitar como un concursante faiaba a pregunta sobre o nome do avión que transportaba a bomba atómica cara  Hiroshima  ( Enola Gay ).
Ao longo do coloquio, L. Costas contesta as preguntas que lle fan os rapaces sobre distintos personaxes que saen no libro: os soldados con cabeza de lobo, Mun o neno albino,, a muller con síndrome de Dióxenes, " O Carraña " o home que vive nos semáforos e fala un idioma descoñecido.
 
O fío conductor de toda a historia, é o personaxe de Nube, unha rapaza que en palabras da autora:
" .. era peculiar por moitas razóns. Se tivese que destacar a principal, escollería a súa soidade. Normalmente as personas precisan das outras, son máis felices cando teñen alguén con quen compartir o seu tempo.. pode soar raro, pero ela bastábase consigo mesma "..
Tamén se nos conta, como a protagonista padece o " síndrome de Asperger ", e, por iso a autora introduce no limiar do libro  catro citas de persoeios moi famosos que tamén padeceron esta enfermidade: Albert Einstein, Isaac Newton, Wolfgang Amadeus Mozart e Kurt Cobain.
Como resumo, pódese dicir que neste libro hai moitas metáforas, cabalga  entre a realidade e a fantasía, nun espazo no  que as cousas non son siempre o que parecen.
 
 
                    "  Recinto   Gris  ".  Ledicia  Costas.  Edit.  Xerais
 

xoves, 16 de abril de 2015

VÍDEO DO CONCURSO : " YO CONOZCO MI HERENCIA. ¿ y TÚ ? "

                                                                                                                                                                          
Unha vez mais os alumnos de latín, grego e cultura  clásica dirixidos pola profesora  Gema  Roiz Sánchez  participaron no concurso convocado pola AMUPROLAG :  " Yo conozco mi herencia. ¿ Y tú ? ", que pretende relacionar a nosa cultura  coa  cultura grecolatina da que somos herdeiros.
Este ano, o tema era ensinarnos a estreita relación entre as institucións  políticas romanas e as actuais MUTATIS  MUTANDIS . Para poder explicalo, os alumnos representaron  diferentes maxistraturas romanas e etapas da vida :  educación ( as mulleres só estudaban na primeira etapa ), o cargo de  edil ( moi semellante ós actuais edís ou concelleiros ), o de pretor ( xuiz ), censor, dictador,  etc..
O vídeo filmouse ao tempo que na clase se ían estudando ditos cargos políticos e comprobaron como nalgúns casos as situacións son moi semellantes ás actuais.
Tamén é importante comprobar que as materias do eido grecorromano se poden estudar dun xeito  ameno e lúdico ( como se facía na antigüedade clásica ).
O resultado do concurso foi bastante bo, pois de 25 participantes acadaron  o posto. Non vos parece ?.
 
 
 
Gema Roiz Sánchez. Profesora de Latín e Grego. Integrante do  equipo da biblioteca.                                                                                                                                                                             
 
 
 
 
 
 

mércores, 15 de abril de 2015

.. E O XOGO CONTINUA


Seguimos a voltas con outra entrega do Arume Xogal.
Entendemos que este xogo é un bo xeito  de achegar moitos aspectos da  cultura  galega  aos alumnos-as , sendo tamén  unha forma de aprender moitas cousas sobre :  Literatura, Língua, Ortografía, Lendas, Folclore, Xeografía, Historia, Localidades..
Nesta edición xogarán dous equipos integrados cada un por catro alumnas.
 


 
 
.
 

martes, 14 de abril de 2015

ARUME XOGAL : REMATA O XOGO ?.

Equipo Gañador
Remata esta  primeira edición do concurso  Arume  Xogal , na que participaron 16 alumnos-as de 3º de ESO.
 
O  equipo gañador, integrado por:
 
.-  Jesús Carrete Bueno.
.-  Anxo Cortés Torres.
.-  Mario Fernández Filloy.
.-  Xacobe González Fernández
 
recibiu  o premio  na Biblioteca do  centro.
 
 
 
 
Noraboa  para  eles e,  para  todos  os  que  participaron  no  concurso !