Unha vez mais os alumnos de latín, grego e cultura clásica dirixidos pola profesora Gema Roiz Sánchez participaron no concurso convocado pola AMUPROLAG : " Yo conozco mi herencia. ¿ Y tú ? ", que pretende relacionar a nosa cultura coa cultura grecolatina da que somos herdeiros.
Este ano, o tema era ensinarnos a estreita relación entre as institucións políticas romanas e as actuais MUTATIS MUTANDIS . Para poder explicalo, os alumnos representaron diferentes maxistraturas romanas e etapas da vida : educación ( as mulleres só estudaban na primeira etapa ), o cargo de edil ( moi semellante ós actuais edís ou concelleiros ), o de pretor ( xuiz ), censor, dictador, etc..
O vídeo filmouse ao tempo que na clase se ían estudando ditos cargos políticos e comprobaron como nalgúns casos as situacións son moi semellantes ás actuais.
Tamén é importante comprobar que as materias do eido grecorromano se poden estudar dun xeito ameno e lúdico ( como se facía na antigüedade clásica ).
O resultado do concurso foi bastante bo, pois de 25 participantes acadaron o 7º posto. Non vos parece ?.
Gema Roiz Sánchez. Profesora de Latín e Grego. Integrante do equipo da biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario