viernes, 24 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO NAS RÚAS DO CARBALLIÑO



Un ano máis  os  centros educativos e a biblioteca municipal saimos á rúa para celebrar  este 23 de abril. A cita, como xa ven sendo habitual nos últimos anos é na  Praza Maior  e nos soportais da mesma.
Este ano, adicouse especialmente á  poesía en distintas línguas, utilizando a língua orixinal  dos distintos autores. No IES nº 1 do Carballiño, colaboraron sobre todo os distintos  departamentos de língua : galega, castelá, inglés, francés, latín e grego .



Os rapaces e rapazas recitaron poemas de diversos autores: Avilés de Taramancos, Celso E. Ferreiro, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro , Curros Enríquez, Carmen Pallarés, Juan Ramón Jiménez, José Antonio Plaza, Luís Cernuda, Pedro Salinas, Federico García Lorca. Houbo tamén lectura de poemas en inglés : Shakespeare, Lord Byron, Tim Burton...
en francés: René Char, Du Bellay, e mesmo poemas en latín de Catulo.
Como fondo, houbo  música de guitarra  e o tempo metereolóxico  tamén acompañou.

No recital poético  participaron máis de trinta alumnos-as dos dous institutos do Carballiño.

Como noutras edicións, tamén levamos unha pequena exposición de distintos fondos documentais que temos na Biblioteca. Este ano estructurado nos seguintes apartados : Ciencia, Poesía, " Libro de Cine, o cine e os libros ". Non podían fallar os fondos da Sección Local adicada ó Carballiño, así como unha escolla de Libros Especiais  e Banda  Deseñada. Subliñar tamén  que houbo moita asistencia de alumnado e profesorado de ambolosdous institutos.
Dende aquí, queremos dar as grazas a todos os profesores-as que colaboraron na escolla dos poemas e, tamén a: Nerea, Abril, Tania, Uxío , Patricia, Laura, Diego, Jennifer, Andrea e Rita por  recitalos con tanto sentimento.





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario