viernes, 17 de abril de 2015

VISITA DA ESCRITORA LEDICIA COSTAS

Ledicia Costas falando para os rapaces de 2º de ESO
A escritora  Ledicia  Costas  visitounos hai uns dias para falar ós alumnos-as de 2º de ESO do seu libro: " Recinto Gris " que, con anterioridade  xa fora lido polos rapaces.
A presentación estivo a cargo de Miguel González  ( 2º de ESO .
                                          A autora explicou que o libro , aínda que non se nomee, é unha metáfora do holocausto nazi, un xeito de denuncia, xa que ela pensa  que o nazismo non se estuda o suficiente no ensino.
Tamén nos contou como xurdiu a idea do libro: un pouco por casualidade, e despois de escoitar como un concursante faiaba a pregunta sobre o nome do avión que transportaba a bomba atómica cara  Hiroshima  ( Enola Gay ).
Ao longo do coloquio, L. Costas contesta as preguntas que lle fan os rapaces sobre distintos personaxes que saen no libro: os soldados con cabeza de lobo, Mun o neno albino,, a muller con síndrome de Dióxenes, " O Carraña " o home que vive nos semáforos e fala un idioma descoñecido.
 
O fío conductor de toda a historia, é o personaxe de Nube, unha rapaza que en palabras da autora:
" .. era peculiar por moitas razóns. Se tivese que destacar a principal, escollería a súa soidade. Normalmente as personas precisan das outras, son máis felices cando teñen alguén con quen compartir o seu tempo.. pode soar raro, pero ela bastábase consigo mesma "..
Tamén se nos conta, como a protagonista padece o " síndrome de Asperger ", e, por iso a autora introduce no limiar do libro  catro citas de persoeios moi famosos que tamén padeceron esta enfermidade: Albert Einstein, Isaac Newton, Wolfgang Amadeus Mozart e Kurt Cobain.
Como resumo, pódese dicir que neste libro hai moitas metáforas, cabalga  entre a realidade e a fantasía, nun espazo no  que as cousas non son siempre o que parecen.
 
 
                    "  Recinto   Gris  ".  Ledicia  Costas.  Edit.  Xerais
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario