Falamos con Esteban Decabo Nogueira ( 2º de ESO ), gañador do primeiro premio da provincia de Ourense na 7ª edición do concurso: " Novos talentos: relato curto Cocacola 2015 ".
Esteban: Como te decataches da convocatoria do concurso ?. Avisoume Ana Lousado, a profesora de galego. A primeira fase xeral foi en marzo no IES das Lagoas para toda a provincia de Ourense e Monforte. Do centro do Carballiño nos presentamos catro alumnos.
En maio me notificaron que quedara finalista e a entrega de premios foi en Baiona, onde recibín o primeiro premio da provincia de Ourense, quedando tamén entre os seis primeiros de toda Galicia.
Sobre qué temática versou a túa redacción ?.
O tema común foi a luz, xa que estamos no " Ano Internacional da Luz "´
Cóntanos algunha impresión do concurso.
Foi unha experiencia moi interesante, xa que se trata de impulsar ó galego que, sen dúbida, merece ser máis respetado e promocionado.
Xa só nos queda dende aquí, darlle a Esteban as grazas e a noraboa polo importante premio

Ningún comentario:
Publicar un comentario