O pasado mércores 27 de maio, celebramos na Praza Maior do Carballiño a IV edición das Bibliotecas na Rúa. Acudiron como sempre moitos rapaces e rapazas dos dous institutos da vila: " IES Nº 1 " e " Chamoso Lamas ".
Este ano, aproveitando que o " Día Internacional do Libro ", está adicado ó IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes e William Shakespeare, se fixeron lecturas de poemas de Shakespeare en inglés .
De seguido se continuou cunha lectura ininterrompida de " El Ingenioso Hidalgo D. Quijote de la Mancha " de Miguel de Cervantes, na que participaron máis de cincuenta persoas entre alumnos e profesores. A actividade tamén se complementou coa participación dun dúo musical que acompañou as lecturas con música de fondo e as " clásicas " exposicións de libros de ambolosdous institutos.
Queremos agradecer tamén a colaboración desinteresada de todos os alumnos-as que acodiron á convocatoria da Praza Maior un ano máis.

Ningún comentario:
Publicar un comentario