
Conmemorando o " Día Internacional do Libro", adicado este ano ó IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes e William Shakespeare, fíxose no centro unha exposición de distintos materiais sobre D. Quijote " aportados pola profesora Mercedes Taboada Oterino do Dpto. de Língua e Literatura Castelá. Estes materiais son froito da elaboración de distintos traballos que fixeron os alumnos ao longo de varios cursos, estando estructurados en distintas áreas :
.- Exposición dunha serie de edicións especiais de " El Quijote ", na que sobresae unha edición artesanal en papel feito a man.
.- As Comidas dos Fidalgos.
Qué comían os fidalgos nos séculos XVI ou XVII ?. A Exposición aporta tamén unha serie de receitas de comidas que se nomean na universal obra de Cervantes: " Duelos y quebrantos ", " Sopas de ajo ", ou tamén as coñecidas " Gachas manchegas ".
.- " El Quijote en comic ". Unha selección de comics feitas polos alumnos-as dende o curso 1994/95.
.- " El Quijote en el cine ". Relación de debuxos e películas que versionaron esta gran obra da literatura universal.
.- " El Quijote en el arte ". Conta cunha selección de debuxos que os máis importantes artistas adicaron ao " cabaleiro da triste figura".
Dende Goya a E. Hopper pasando por Delacroix, Cezanne, Picasso ou Dalí.
E, para rematar, amosar dende aquí o noso agradecemento á profesora Mercedes Taboada Oterino por gardar e clasificar todos estes materiais ao longo de varios cursos e poñelos agora a disposición do centro nesta interesante exposición.


Ningún comentario:
Publicar un comentario