Esta semana recibimos a visita da escritora Eva Mejuto, que veu falar de seu libro : " Memoria do silencio ". Baseado en feitos reais, a trama do mesmo se desenvolve moi perto de aquí : na vila de Ribadavia , no verán de 1943. Novela a tres voces que explora, entre ficción e realidade, un capítulo pouco coñecido do nosos pasado recente: Galicia durante a II Guerra Mundial. Básicamente é a historia de tres mulleres de Ribadavia que axudan a cruzar a fronteira con Portugal a varios grupos de xudeos .
A escritora subliña que non ten moi claro se esta novela é un libro xuvenil ou de adultos. Tamén nos conta que aínda que tentou documentarse en Ribadavia sobre a historia das mulleres, elas parece que xuraron gardar silencio, non deixando na vila constancia escrita dos feitos. Aínda así, a escritora considera que é ese papel de heroínas anónimas o que hai que rescatar do silencio. Eva Mejuto nos conta que o que máis lle interesa é a perspectiva humana das personaxes, e reivindicar nas novelas os feitos importantes que levaron a cabo personas que nunca van aparecer nos libros de historia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario