mércores, 29 de maio de 2019

AHÍ VEN O MAIO

            Ahí  ven  o   maio
            de  froles   cuberto
            puxeronse  a  porta 
            cantandome  os  nenos
            os  puchos  furados
            pra  min  extendendo
            pedironme  crocas
            dos  meus  castiñeiros ..

Son estas as primeiras liñas do fermosísimo poema de Manuel Curros Enríquez  adicado ó mes de maio, que é por otra banda, unha das celebracións máis importantes da primavera ourensá: maio florido e de cantigas;  cando se elaboran tamén esas estructuras cheas de flores, que logo adornan as rúas. Este ano no IES Nº 1 , a contribución a esta fermosa e consolidada tradición , veu da man dos alumnos-as de 2º de ESO e da súa profesora de Língua Galega Ana Lousado.
Coincidindo coa celebración  dos maios fixemos tamen  a nosa pequena contribución á figura que este  ano é homenaxeada  con motivo  das Letras Galegas : Antonio  Fraguas Fraguas.

Antonio Fraguas, o mestre da memoria, foi un importantísimo profesor, etnógrafo, xeógrafo, historiador  e  galeguista. Tamén lle quixemos render unha pequena homenaxe cunha  exposición  onde se amosa  algunha das súas obras máis senlleiras, xunto as distintas coleccións publicadas  polo Museo do Pobo Galego,  tan vencellado á figura de Antonio Fraguas. A exposición se complementa con outros libros sobre costumes, xogos, lendas, etc..  de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario