un ano máis acudimos ós actos que tiveron lugar na casa do Concello do Carballiño, para conmemorar o Día Internacional da Muller.
Dende o IES Nº 1 participamos coa proxección dun vídeo, feito por rapaces e rapazas de 2º de ESO, que ven a ser un resúmo da historia das mulleres dende a Antigüedade ata os nosos días.
A segunda parte desta exposición no Concello, consistiu nunha pequena homenaxe a todo ese esforzo e traballo das mulleres ao longo de tanto tempo, personificado en dous oficios senlleiros e centenarios que ata hai ben pouco realizaban case en exclusiva mulleres da comarca do Carballiño. Estámonos a referir as pulpeiras de Arcos e as panadeiras de Cea.
Lucía, Carla e Violeta, alumnas de 3º de ESO do centro, nos falaron un pouco de todo isto, rendéndolle así a nosa pequena homenaxe as mulleres de todo o mundo, que traballaron e traballan sen o recoñecemento debido

Ningún comentario:
Publicar un comentario