Esta planta que vos presento en esta primavera estraña, chámase Clivia Miniata. Leo que é unha planta orixinaria de África Meridional, pero que se adaptou moi ben ós climas de Europa . Para mostra.. un botón: eu teño unha fermosa clivia na miña terraza.
A clivia é unha planta cunha flor fermosísima aparentemente fráxil, pero moi resistente. Florece na primavera ( xusto agora ). Penso que neste momento, esta planta, pode ser un símbolo do que nos está acontecendo a nivel mundial: esa dualidade que compartimos coa clivia: fráxiles , pero tamén resistentes.
Está sendo unha primavera atípica para todos nós. Aínda que pode ser difícil debemos tentar non virnos abaixo e ver o lado positivo das cousas: ollar ao noso arredor e comprobar que a Natureza segue seu curso tamén para o bo, e a min-por exemplo- me permite ollar dende a fiestra esta fermosa clivia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario