luns, 20 de abril de 2020

No Corazón do Mar / In The Heart Of The Sea



Esta película do ano 2015 está baseada nun feito real: o afundimento do barco baleeiro " Essex " que inspiraría tamén a Herman Melville na famosa novela Moby-Dick.

O barco baleeiro " Essex " sae do porto de Nantucket ( Massachusetts ) a finais de 1819, coa intención de capturar baleas ( cachalotes ) no Pacífico Sur: Naquel tempo, o aceite de balea, era moi apreciado xa que se usaba no alumeado de vivendas e rúas.

A película ilustra moi ben a caza de baleas e unha morea de moitos detalles sobre a vida mariñeira de principios do s. XIX.

As escenas da caza de baleas están moi logradas. Esta película é unha boa historia de aventuras no mar e de supervivencia.

Está dirixida por Ron Howard, sobre un guión de Charles Leavitt, e interpretada por : Chris Hemsworth, Benjamin Walker e Tom Holland  entre outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario