Cando se fala de algo tan insondable como a Historia da Humanidade, xeralmente poñemos o foco en nomear ós líderes que marcaron as diferenzas, sinalar fenómenos como as migracións ou as pegadas das guerras e as suas consecuencias. Pero : que pasaría se cambiáramos o foco e puxéramos a evolución da Terra no centro das nosas consultas ?.
Pois ben, isto é o que fai Lewis Dartnell en " Orígenes ". Para o autor, o único xeito de comprender a nosa historia é explicar como o noso planeta dende o comezo dos tempos determinou o noso destino. Sostén que toda especie- a humana tamén- está condicionada polo seu ambiente. As forzas xeolóxicas ocasionaron a nosa evolución en África Oriental, os terreos montañosos característicos de Grecia favoreceron o nacemento da democracia nas polis, e mesmo o Himalaya garda unha curiosa relación coa formación das Illas Británicas.
A historia destas forzas, é, en definitiva a historia da humanidade.
" Orígenes " amosa a extraordinaria pegada que a evolución da terra tivo na tranformación das civilizacións : a grande civilización exipcia non podería ter existido sen o concurso do río Nilo.
En palabras de Dartnell : " ..a terra nos fixo: cada un de nós está feito literalmente de anacos dela : a auga do noso corpo fluíu algunha vez do Nilo, caeu como chuvia monzónica sobre a India e se arremuiñou no Pacífico. O carbono presente nas moléculas orgánicas, o calcio dos ósos e o ferro do sangue xurdiron por erosión das rochas da codia terrestre, e o xofre das moléculas de proteina presentes no noso pelo e nosos músculos foron expulsados polos volcáns .. ".
" Orígenes ". Lewis Dartnell. Edit. Penguin Random House. Barcelona 2019

Ningún comentario:
Publicar un comentario