mércores, 25 de novembro de 2020

25-N

 

Aínda que sexa máis virtual, hoxe tampouco faltamos á cita que temos neste día coas mulleres que sofren a violencia só polo feito de seren mulleres. 

Como outros anos, fixemos unha exposición de libros de todo tipo que temos na Biblioteca: novela, ensaio, comic, etc..

Tamén , a Biblioteca serviu como marco para distintas actividades que se levaron á cabo nestes días.

Así, os alumnos-as  de 1º de ESO, coa profesora de Língua e Literatura Galega : Isabel  Álvarez,  organizaron unha " performance " coa canción de Rozalén :  " A Porta Violeta ", na que empregaron tamén a linguaxe de signos.



A  PORTA  VIOLETA

Unha rapaza triste no espello
mírame con prudencia e non quere falar,
hai un monstro gris na cociña
que todo o rompe e non deixa de berrar

Teño unha man no meu pescozo 
que moi sutilmente me impide respirar,
unha venda cobre os meus ollos
podo cheirar o medo, xa se achega.

Teño un gran nó nas cordas,
que emporca a voz ao cantar,
teño unha culpa que me espreme,
ponse nos meus ombreiros e non podo camiñar..







Os alumnos-as de 2º, 3º e 4º de ESO, tamén fixeron distintas actividades coa temática da violencia de xénero, coas profesoras: Almudena Mosquera e Gema  Roiz, dentro dos contidos de valores éticos.






Ningún comentario:

Publicar un comentario