mércores, 11 de novembro de 2020

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

Novembreo, é tradicionalmente o mes da Ciencia. Este ano, con maior motivo, debenos celebrar ou recordar o que a humanidade lle debe á Ciencia en xeral, e os científicos/as en particular.

Todos estes libros  que vos propoñemos  están na Biblioteca do centro, esperando que vos animedes a levalos.

.-  Leonardo da Vinci. Desplegables a partir de sus inventos ". Madrid, ediciones Susaeta.

este libro é unha auténtica réplica de varios proxectos do xenial Leonardo da Vinci, que aparecen nos seus cadernos de notas. Texros e ilustracións dan vida ós incribles e proféticos inventos de Leonardo da Vinci: un home adiantado ao seu tempo.

Máis libros de ciencia  que temos na biblioteca a vosa disposición:

.-  "¿A qué altura está o ceo?" .Jorge Mira. Editorial Alvarellos

.-  " Astronomía. A ollo ceibe " . Ramón Mª Aller.. Universidade de Santiago de Compostela.

.-  " Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo. Xurxo Mariño. Edit. Xerais.

.-  " Os tempos e o clima de Galicia ". A.Martí/J.Taboada/ D. Royé/ X. Fonseca. Edit. Xerais.


   

Ningún comentario:

Publicar un comentario