martes, 27 de outubro de 2020

OUTUBRO MES DAS BIBLIOTECAS

 

¡ Prohibido casar, papá!.

- Elia estaste a portar coma unha nenea malcriada.

-Elia, razoa un chisco.

-Elia, teu pai ten que reface-la súa vida.

-Elia, estás sacando as cousas do sitio.

¡ Elia, Elia, Elia...! Elia son eu, e ás veces, sobre todo pola noite, síntome moi mal. Teño medo, moito medo. Noto como o corazón me bate: bun, bun, bun. Nin sequera me fai falta tocar o peito. Miro ó teito e véxoo ciscado en anacos. Tardo moitas horas, a min parécenme horas, en me quedar durmida. Soño horribles pesadelos e non sei a quen pedir axuda. Ata hai pouco estabamos de marabilla, pero agora resulta que me apareceu un problema que non sei como arranxar.

   Teño preto de catorce anos. Medrei bastante nestes últimos meses. Lévolle ben unha cuarta á avoa Carmiña. Claro que ela é case anana anque non se lle pode dicir porque se pica. O meu pelo é de cor castaña. Levo melena curta. O floco téñoo máis claro. As veces sécoo ó sol e bótolle auga osixenada. A meu pai dígolle que me clarexa ó secalo ó sol, e coa; anque non creo que lle importe moito.


Fina Casalderrey.  " ¡Prohibido casar, papá!  ".  Edit. Galaxia, 1998

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario