Pola seguridade de todos, este ano elaboramos unhas normas especiais para a biblioteca. Non puidemos ter a visita guiada cos cursos de 1º de ESO. Houbo que aproveitar as horas de titoría para reunir o alumnado de 1º de ESO e informarlles das novas normas con respecto ó uso da biblioteca. .Facemos aquí un pequeno resúmo das mesmas.
LIMPAR AS MANS CON XEL HODROALCOHÓLICO AO ENTRAR E SAIR DA BIBLIOTECA.
USA SEMPRE A MÁSCARA.
MANTER SEMPRE A DISTANCIA DE SEGURIDADE.
PARA A LECTURA E CONSULTA EN SALA, NON LEVANTARSE DA MESA.
HAI QUE PEDIR OS LIBROS, PELÍCULAS E CALQUERA TIPO DE MATERIAL AO PERSOAL ENCARGADO DA BIBLIOTECA, XA QUE NON SE PODEN MANIPULAR E TOCAR OS ANDEIS E OS MOBLES
NAS MESAS, SENTA SÓ ONDE ESTEA PERMITIDO.
AO REMATAR, LIMPA O ESPAZO QUE ACABAS DE USAR.
Estas foron algunhas das cuestións máis importantes que se trataron cos alumnos-as da ESO. Tamén se puxo á disposición do alumnado, un novo e-mail da biblioteca: biblio@iesnumero1.com, que serve fundamentalmente como ferramenta de comunicación e colaboración do alumnado coa Biblioteca. Empregarémolo fundamentalmente para que : solicitedes libros ou películas en préstamo, para facer subxestións sobre distintos materiais que pensedes que pode ser interesante que estén na biblioteca, ou enviar calquera tipo de información que queirades logo compartir coa publicación neste blogue.






Ningún comentario:
Publicar un comentario