sábado, 30 de maio de 2020

LIBROS SOBRE CIENCIA NA BIBLIOTECA DO IES Nº 1

" Sapiens. De animales a dioses. Breve historia de la humanidad ".
Autor: Yuval Noah Harari. 

" Cómo logrou a nosa especie imporse na loita pola existencia?. Por qué os nosos ancestros recoletores se uniron para crear cidades e reinos ?. Cómo chegamos a crer en deuses, nacións ou nos dereitos humanos; confiar no diñeiro, nos libros ou nas leis ?. Cómo rematamos sometidos á burocracia, ós   horarios e ó consumismo?.
Cómo será o mundo nos milenios vindeiros  ?. "

En " Sapiens " ,  Yuval Noah Harari traza unha breve historia de humanidade, dende os primeiros humanos que camiñaron sobre a terra ata os radicais e ás veces devastadores avances das tres grandes revolucións que a nosa especie ten protagonizado: a cognitiva, a agrícola e a científica. A partires de disciplinas tan diversas como   a bioloxía, a antropoloxía, a palentoloxía ou a economía, o autor explora cómo as grandes correntes da historia  determiñaron a nosa sociedade, os animais ou as plantas que nos rodean e mesmo a nosa personalidade.

"  Sapiens . de animales a dioses. Breve historia de la humanidad ". Yuval Noah Harari.

                                            Edit. Penguin Random House. Barcelona 2015. Colec. Debate.






" Big Van Ciencia. Científicos sobre ruedas "
. Un colectivo de 19 investigadores : físicos, inxenieiros, bioquímicos, matemáticos ..contan dun xeito coloquial e divertido os últimos avances da ciencia. Consta de 2 vol.  :  " Si tú me dices gen lo dejo todo" monólogos científicos para reirte de los teoremas, las bacterias y demás curiosidades ".
" Si venimos del mono. ¿ Por qué somos tan cerdos ? . Y otras preguntas interesantes , locas, frikis y descacharrantes de la ciencia y sus alrededores "




" Big Van Ciencia. Científicos sobre ruedas ".  V.V.  A.A.


         Edit. La Esfera de los Libros. Madrid 2016




 



"Vida en el universo. Una introducción a la astrobiología"
Autor:  Lewis Dartnell.

A astrobioloxía é o estudo da vida no universo, sendo na actualidade un dos campos de coñecemento científico que suscita máis interese. Neste libro, L.Dartnell, ofrece mesmo o   afeizoado  coma ao  publico non especialista un completo e sintético panorama actual dos principais retos desta apixoante área do saber : traza a historia da Terra,  profundiza en Marte como mundo habitable e discute as posibilidades de vida noutros mundos do Sistema Solar.

" Vida en el Universo. Una introducción a la astrobiología " . Lewis  Dartnell.

.- Alianza Editorial. Madrid , 2013. Colec. " El Libro de Bolsillo "




 
" Abrir en caso de apocalipsis. Guía rápida para reconstruir la civilización ".
Autor: Lewis  Dartnell.

Unha pandemia incontrolabel, o impacto dun meteorito ou unha guerra nuclear; polo motivo que sexa, o mundo que coñecemos desapareceu, e os poucos sobrevivintes deben comenzar de cero.
Cales son os coñecementos fundamentais necesarios para reconstruir a nosa civilización?.
Tras recoller o pouco que queda, cómo se pode empezar a producir o esencial?. Cómo cultivar alimentos, xenerar electricidade, preparar medeciñas ou extraer metal das rochas ? ".


.- " Abrir en caso de apocalipsis . Guía rápida para reconstruir la civilización ". Lewis  Dartnell.

.- Edit. Penguin Random House. Barcelona, 2015.   Colec. " Debate ".





"" Este no es otro libro de Matemáticas . Un libro inteligente de actividades artísticas ".
Autoras: Anna Weltman ( textos ); Charlotte Milner ( ilustrac.)

" Dende facer perfectos polígonos de papel e teselas cúbicas con debuxos de gatos ata rizar o rizo con espirais de números e debuxos con pezas de dominó.

Descubre a Arte nas matemáticas , e as Matemáticas na arte, tanto dentro como fóra do papel.



.- " Este no es otro libro de matemáticas. Un libro inteligente de actividades artísticas "
               Anna  Weltman / Charlotte Milner.  Edit. Blume, 2017.





" Mate-glifos. Orixe e evolución dos símbolos en Matemáticas ".
Autores: Nicanor Alonso / Miguel Mirás.

Cunha linguaxe accesible a todos os públicos, este libro percorre a historia das Matemáticas a través dos seus símbolos, dende os glifos dos xeroglíficos exipcios ata a sofisticada notación actual.



.- " Mate-glifos. Orixe e evolución dos símbolos en Matemáticas ". Nicanor Alonso/Miguel Mirás.
                          Edit. Xerais. Vigo, 2019. Colec. " Xerais Básicos Ciencia "







" El contable hindú ". 
Autor :  David Leavitt.

Unha mañá de xaneiro de 1913, G.H. Hardy- excéntrico e carismático, e considerado un dos máis grandes matemáticos ingleses de seu tempo- recibe un sobre misterioso con abundantes selos indios. Dentro atopa unha carta un tanto incoherente dun humilde contable de Madrás, Srinivasa Ramanujan, que dice ser matemático e afirma estar moi cerca de atopar a solución a un dos máis grandes problemas matemáticos da época.

Baseada nun feito real, este libro conta a historia verdadera da extrana  e finalmente tráxica relación entre un admirado matemático británico e un xenio autodidacta e descoñecido



.-  " El contable hindú ".  David  Leavitt.
.- Edit. Anagrama. Barcelona, 2011.  Colec.  " Panorama de narrativas " .






" Cuentos y leyendas de las Matemáticas ".
Autor: Vicente Muñoz Puelles.

As matemáticas pareceron , en diferentes lugares e culturas, pola necesidade de levar as contas e medir as terras. Hoxe constituen unha linguaxe universal, de tal xeito que, se nos chegara unha mensaxe procedente doutra galaxia estaría expresado de forma matemática, e que, se algún día as definicións matemáticas que se enviaron en sondas espaciais , poderían ser interceptadas e interpretadas por intelixencias non humanas.

.- "  Cuentos y Leyendas de las Matemáticas ".   Vicente Muñoz Puelles.
.-  Edit. Anaya.  Madrid, 2017.  Colec. " Tus Libros, Cuentos y Leyendas "


                                                                   





























































Ningún comentario:

Publicar un comentario