A Real Academia Galega adica este ano 2020 o Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero ( Ferrol-1910/ Santiago de Compostela-1990 )
Foi un historiador da literatura, crítico, filólogo , lingüista e escritor.
Foi tamén o primeiro catedrático de Língua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela. Carvalho Calero ten unha extensa obra, a destacar a publicación en 1963 de : " Historia da Literatura Galega ", e tamén incursionou no eido da narrativa coa novela
" Scorpio ", ou da poesía, cun poema que aquí deixamos.
ELEGÍA VENECIANA.
Podedes-me borrar do Libro de Ouro, meus compatricios.
Hai tempo que non coido se o turco rube ou baixa,
e os meus buques están ancorados no molle.
Non me tenta ocultar a miña calva
baixo a tiara do dogo.
Un corno e un roupón non me preservarían
dos arrañóns de tantos senadores.
Que outro celebre as núpcias co mar.
A boca desa esposa é demasiado amarga.
Prefiro-me solteiro, ceibe de tal beleza,
que abala como quer e atraizoa aos seus homes.
Ti, Fóscarit; ti Dándolo; ti Loredano, ollades-me
sen dúbida co horror con que a un irmán perdido,
quizá teño sangue dun Otelo ignorado,
e o meu torgo non é enxebre de Aquilea.
Non me retratarán Bellini nen Tiziano,
escuro morrerei, pobre gallo esquecido.
Mais ollo o mar rillar as pedras de Venécia
e atopo triste o antroido da Vella Serenísima.
" Futuro Condicional " 1961, 1980, 1982 . ( escolma de Pilar Pallarés ).
Deixo aquí algúns interesantes enlaces para saber máis do autor.

Ningún comentario:
Publicar un comentario