Dende o ano 1963, cada 17 de maio vense celebrando en Galicia o Día das Letras Galegas. Trátase de homenaxear cada ano a distintas persoas que destacaron pola súa aportación literaria ao idioma galego.
A data desta celebración-17 de maio - escolleuse por coincidir coa publicación no ano 1863 da obra " Cantares Gallegos " de Rosalía Castro, que marca o principio do " Rexurdimento " período que supuxo a revitalización da língua galega como un medio de expresión social e cultural para toda a comunidade..
Nin que dicir ten que a primeira celebración do ano 1963 foi adicada á figura de Rosalía Castro.
58 autores-as foron homenaxeados ata agora: Castelao, Celso Emilio Ferreiro, Eduardo Blanco-Amor, Álvaro Cunqueiro, Cuevillas, Otero Pedrayo, Curros Enríquez, Noriega Varela, Luís Pimentel, Ánxel Fole. etc..
Como curiosidade: aínda que Rosalía de Castro foi a primeira homenaxeada, tan só tres mulleres máis conseguiron esta distinción da Real Academia Galega: Francisca Herrera Garrido ( 1987 ) , María Mariño ( 2007 ) e Mª Victoria Moreno ( 2018 )

Ningún comentario:
Publicar un comentario