Hoxe, 11 de Febreiro, celébrase o " Día da Nena e a Muller na Ciencia ", con tal motivo, ao longo do mes de febreiro, iremos publicando pequenas biografías de mulleres que destacaron como científicas, aínda que moitas non conseguiron no seu tempo un recoñecemento público. Cremos que compre sempre empezar polo que temos máis próximo que as veces é tamén o máis desoñecido ( por extrano que pareza ). Por iso hoxe traemos aquí a dúas investigadoras e científicas carballiñesas : Mª Eugenia Pereira Rodríguez e Mª Teresa Miras Portugal.
| Mª Eugenia Pereira Rodríguez |
Mª Eugenia naceu no Carballiño en 1895.
Foi a primeira muller galega que obtén a licenciatura en Farmacia. Era filla dun notario César Pereira e de Purificación Rodríguez. Seu pai non a recoñeceu ata 1913.
Mª Eugenia estudará no Instituto Provincial de Ourense, realizando todos os cursos por libre e, acadando unhas moi boas cualificacións.
A pesares da oposición de seu pai, decide continuar estudos na Universidade de Santiago de Compostela, inscribíndose en Farmacia en 1918 e, coa nota media de notable obtén a licenciatura en 1923.
Mª Eugenia tamén figura en 1920 matriculada na Facultade de Medeciña ( especialidade de hixienista ).
Estivo en réxime de pensión no Instituto Pasteur e tamén en Barcelona. Por oposición obtivo a praza de Xefe de Laboratorio Químico da Aduana da Cidade Condal.
![]() |
| Teresa Miras Portugal |
Teresa Miras naceu no Carballiño.
Licenciada en Farmacia con premio Extraordinario e Premio Nacional fin de carreira.
Doctora en Farmacia ( Madrid ) e Doctor Sciences ( Estrasburgo, Francia ). Catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade Complutense.
Mª Teresa é membro de numerosas sociedades científicas, tendo cargos de responsabilidade en moitas delas.
Está especializada no papel dos nucleótidos nas conexións neuronais, especificamente en enfermidades neurodexenerativas como o Párkinson ou o Alzhéimer.
Foi a primeira muller que presidiu a Real Academia Nacional de Farmacia, dende o ano 2007 ata 2013.
AS MULLERES E A CIENCIA.
Moitas veces escoitamos que a Ciencia- en xeral- é unha disciplina ou conxunto de disciplinas que pretenden ser " exactas, medibles, comprobables .. ".
Pero: é xusta ?
Aquí deixamos algúns exemplos para a reflexión..
Son mulleres científicas : biólogas, xenetistas, astrofísicas, etc.. que cometeron o erro " imperdoable " de seren pioneiras nas súas investigacións e comprobaron así mesmo como seus compañeiros homes se apropiaban indebidamente do seu traballo, sendo mesmo ninguneadas e apartadas de premios tan importantes como o Nobel. Vaia noso sinxelo recoñecemento e admiración para todas elas.
Nettie Marie Stevens ( 1861-1912 ).
Bióloga e xenetista. Fixo estudos cruciais para amosar que o sexo dun organismo ven determiñado polos seus cromosomas.
Un becario- Edmund Wilson- levou todo o mérito da investigación, a pesares de publicar estas conclusións despois de Nettie Stevens.
Esther Miriam Zimmer ( 1922-2006 )
Bióloga molecular.
Descubriu o virus lambda , que infecta ás bacterias e, xunto co seu home, Joshua Lederberg artellou un método para tranferir colonias bacterianas a unha placa de Petri.
O premio Nobel só se lle concedeu a Lederberg en 1958.
Rosalind Franklin . ( 1920-1958 ).
Biofísica.
É autora da chamada foto 51 dunha molécula de ADN , clave para que James Watson e Francis Crick descifrasen a súa estructura.
Maurice Wilkins amosoulla a Watson e Crick ás costas de Rosalind Franklin.
Os tres gañaron o Nobel en 1962.
Lise Meitner . ( 1878-1968 ).
Física nuclear.
O seu traballo levou ó descubrimento da fisión mediante a división do núcleo dun átomo.
Seu compañeiro Otto Hahn publicou esta investigación sen mencionala como coautora, recollendo ademáis en solitario o Premio Nobel en 1944.
Jocelyn Bell Burnell. ( n. 1943 )
Astrofísica.
Descubriu a primeira radiosinal dun púlsar en 1967, cando aínda era estudante de posgrao.
O seu supervisor, Anthony Hewwish, e outro compañeiro, Martin Ryle, recibiron o Premio Nobel por isto en 1974.
Chien-Shiung Wu. ( 1912-1997 )
Física.
Conduxo aos experimentos que refutaron a lei da paridade, fundamental para o desenvolvemento da " teoría das partículas elementais ", e que deu o Premio Nobel ós seus colegas Tsung Dao Lee e Chen Ning Yang en 1957







Ningún comentario:
Publicar un comentario