O IES Nº 1 do Carballiño convoca a primeira edición da Xincana : " Lembrando ás esquecidas ".
Nela convertirédesvos en detectives e teredes que descubrir non as culpables, senón as vítimas dun esquecemento que trataredes de subsanar.
BASES DO CONCURSO.
LEDE CON ATENCIÓN AS BASES !!
I. O concurso consistirá en seguir as pistas que cada día se publiquen no blogue da Biblioteca do Instituto ( biblog ), ao longo do mes de marzo, para poder descubrir a mulleres que destacaron en diversos eidos, pero que non son moi coñecidas pola sociedade.
II. Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Nª 1 do Carballiño durante o curso 2020/2021.
III. A inscrición realizarase na última semana de febreiro de 2021, cubrindo un formulario de inscrición que estará na Biblioteca.
IV. Cada día daranse pistas sobre unha muller cuxa identidade será descuberta ao final da semana. En total serán catro as protagonistas que terán a sorte de ser recoñecidas despois dun longo e inxusto esquecemento, unha por semana.
V. Ao final de cada semana teredes que escribir nun papeliño- que haberá na Biblioteca- o nome da muller que conseguístedes sacar á luz e á que vos comprometedes a dar a coñecer aos vosos contactos para que nunca máis nos esquezamos dela.
VI. O xurado estará formado polo profesorado dos departamentos que presentaron as pistas e máis a responsable da biblioteca.
VII. Os premios consistirán:
-1º Premio: se atopan catro esquecidas. 100 euros en material dunha libraría do Carballiño.
-2º Premio: se atopan a tres. 75 euros en material dunha libraría do Carballiño.
VIII. No caso de empate, terase en conta a orde de presentación do resultado da investigación na Biblioteca.

Ningún comentario:
Publicar un comentario