O pasado xoves 27 de maio, morreu Mª Teresa Miras Portugal.
Nacera no Carballiño no ano 1948. O pasado 11 de febreiro, con motivo da celebración do " Día da Nena e a Muller na Ciencia ", adicámoslle unha entrada neste blogue xunto a Mª Eugenia Pereira, outra científica pioneira que naceu no pobo. Non vamos a enumerar outra vez todo o inxente traballo e premios que, como científica, investigadora e docente Mª Teresa acadou ao longo da súa extensa carreira profesional. Engadir, iso sí, que foi un exemplo de traballo , humildade e sinxeleza.
Polo seu desexo expreso- aínda que morreu en Madrid- foi enterrada no seu querido Carballiño, ó que voltaba con moita frecuencia.
D.E.P. e ata sempre , Mª Teresa

Ningún comentario:
Publicar un comentario