domingo, 5 de marzo de 2023

I CONCURSO para FRIKI - LECTORES

I CONCURSO para FRIKI-LECTORES

Organizado pola Biblioteca do centro e polo Departamento de Latín e Grego, o concurso está dirixido a alumn@s da ESO coa finalidade de fomentar a lectura e acrecentar a bagaxe léxica do alumnado, e réxese polas seguintes bases:

  1. As persoas interesadas en participar (un mínimo de 10) deberán inscribirse na biblioteca antes do día 10 de Marzo.

  1. A mecánica do concurso é esta:

  • A comezos da semana seguinte á data de inscrición, entregaráselle a cada un dos participantes un sobre que levará no seu interior as reproducións de portadas de obras literarias, relativamente ben coñecidas, que deberán identificar. A dificultade radica en que o título (sempre) e o autor (ás veces) estarán en grego; motivo polo que, xunto coas ilustracións das portadas, na primeira proba irá tamén un alfabeto grego coas letras equivalentes no abecedario latino (única ferramenta, alén da observación, que os participantes, en realidade, van precisar).

  • Os concursantes que identificaran correctamente os títulos das obras cos seus autores e presentaran as solucións antes do 2º recreo do venres, recibirán, a comezos da semana seguinte, outros sobres con outras obras para identificar. Como a dificultade das probas debe ir in crescendo, os títulos dos libros estarán acompañados de palabras do vocabulario actual relacionadas con eles.

  • O proceso de entrega das probas aos participantes e a presentación da resolución das mesmas repetirase durante o tempo que dure o concurso.

  1. O concurso desenvolverase entre os días 10 de marzo e 14 de abril.

  2. Os participantes deberán entregar a solución ás probas propostas no decurso da semana na que reciben o desafío.

  3. Os participantes que non entreguen a proba resolta ou non ofrezan o resultado correcto quedarán eliminados.

  4. O xurado que decidirá se a proba presentada está superada está integrado polos profesores Dna. Ana Rivera, D. Antón Carballude e Dna.Consuelo González Álvarez

  5. Os participantes que resolvan correctamente as probas e, polo tanto, non sexan eliminados antes da data proposta para o remate do concurso, recibirán como premio un pequeno lote de libros.

  6. O gañador ou gañadores do I CONCURSO PARA FRIKI-LECTORES DO IES Nº 1 serán presentados no decurso das actividades realizadas para celebrar o Día do Libro.

  7. Os participantes no concurso aceptan estas bases.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario