domingo, 12 de marzo de 2023

"Voces da Acrópole". Conferencia de Noelia Míguez.

Este Venres , día 10 de Marzo, no marco do proxecto "Voces da Acrópole" estivo con nós,  a escritora Noelia Míguez para falarnos sobre a violencia de xénero, e presentarnos a obra que recolle a súa historia de supervivencia, Oito sinales, escrita xunto á xornalista de La Voz de Galicia Patricia Calveiro.Trátase dun libro que recolle a traumática relación de Noelia Míguez cun home que, tras tres anos de malos tratos continuados, acabaría asestándolle oito puñaladas á temperá idade de 22 anos.

Asistiron as charlas os alumnos de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de BACH. Foi moi duro e interesante escoitar a súa experiencia.

Dámoslle as grazas pola súa xenerosidade.





Ningún comentario:

Publicar un comentario