martes, 18 de decembro de 2012
martes, 27 de novembro de 2012
PALABRAS CONTRA A VIOLENCIA
O día 25 de novembro na praza maior de O Carballiño celebrouse un acto para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero. Varios alumnos e alumnas do noso centro leron algúns textos alusivos ó tema: Jorge, Rita, Lucía, Paula, Marta, María e Nerea fixeron súas algunhas estrofas de cancións de Amaral, Huecco, Pasión Vega, etc.
martes, 20 de novembro de 2012
25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O MALTRATO EN CIFRAS:
- Do 45% ao 60% das agresións ás mulleres, teñen lugar na casa, e a maioría son cometidas polas suas propias parellas.
- A VIOLENCIA, é a principal causa de morte nas mulleres entre os 15 e os 45 anos, máis que o cancro e os accidentes.
- Unha de cada TRES MULLERES NO MUNDO foi agredida física e sexualmente ó longo da súa vida.
- En UN DE CADA TRES FOGARES NO MUNDO, hai maltrato emocional, intimidación e abuso físico e sexual sobre mulleres de distintas idades.
Non debemos esquecer, que a violencia de xénero non se produce só en mulleres adultas e a mans das súas parellas, senon que tamén en moitos paises- demasiados por desgraza -millóns de nenas son escravizadas, humilladas, feridas ou mortas con total impunidade dentro do núcleo familiar: aínda existen moitos lugares onde calquera besta de carga, unha cabra, un mulo, unha ovella... son máis valiosas que as propias mulleres... incrible... pero certo.
O cantante e compositor John Lennon, escribiu unha vez que "A muller era o negro do mundo", de iso xa fai máis de 40 anos, pero a frase e a canción seguen tendo hoxe toda a súa vixencia.
martes, 13 de novembro de 2012
BULLYING, CANDO AS PALABRAS DOEN
Aquí vos deixamos un vídeo que trata sobre o tema do acoso escolar.
Na biblioteca temos algúns libros que tratan sobre este tema. Ahí van algúns títulos:
- Alicia Borrás Sanjurjo: "Nata y chocolate"
- Fina Casalderrey: "A pomba e o degolado"
- Michael Ende: "La historia interminable"
- M. Elliot: "Intimidación"
- Mathieu Malzieu: "La mecánica del corazón"
- J.K. Rowling: "Harry Potter"
- Charlotte Bronte: "Jane Eyre"
- Charles Dickens: "Oliver Twist"
- " " : "David Copperfield"
- Juán Rulfo: "Pedro Páramo"
- Beatriz Berrocal: "Marioneta"
- Roberto Vivero: "Paralelo cero"
mércores, 24 de outubro de 2012
"ASESINATO NA BIBLIOTECA NACIONAL" de Luisa Villar Liébana
María Mayo foi
contratada polo Club de Amigos da Novela de Detectives para cubrir
información referente ou ciclo de conferencias "Encontros co crime", que
se desenvolve na Biblioteca Nacional.
Non obstante, no transcurso dunha das sesións prodúcese o intento de asasinato dun relator: o escritor Ernest Buck. Un comisario presente na sala encargarase de despexar as incógnitas do caso. Pero María tamén realizará as súas pescudas.
Non obstante, no transcurso dunha das sesións prodúcese o intento de asasinato dun relator: o escritor Ernest Buck. Un comisario presente na sala encargarase de despexar as incógnitas do caso. Pero María tamén realizará as súas pescudas.
Este é o resumo do libro de Luisa Villar, un libro de intriga con un pouco de humor no que tres escritores se reúnen para dar unha conferencia na Biblioteca Nacional.
martes, 23 de outubro de 2012
24 OUTUBRO: EXPOSICIÓN DE LIBROS
O día 24 de outubro conmemórase o Día Internacional das Bibliotecas. Temos unha pequena mostra de novelas que falan de libros e bibliotecas.
martes, 9 de outubro de 2012
EXPOSICIÓN DE LIBROS QUE FALAN SOBRE OS MAIORES
Na entrada do I.E.S. puxemos unha pequena mostra de libros da biblioteca que falan da vellez. Entre os títulos que podedes atopar, indo dos máis vellos ós máis novos: "De senectute"de Cicerón, "El rey lea"de W. Shakespeare, "Fausto"de Johan W. Goethen, "El retrato de Dorian Grey"de O. Wilde, "Los miserables"de Víctor Hugo, "A illa do tesouro"de Robert L. Stevenson, "Os vellos non deben de namorarse"de Castelao, "La madre"de Gorki, "O tío Goriot"de H. Balzac, "La sonrisa etrusca" J. L. Sanpedro, "El coronel no tiene quien le escriba"de Gabriel García Márquez, "O vello e o mar"de Ernest Hemingway, "Deus sentado nun sillón azul"de Carlos Casares, "Se o vello Simbad volvera ás illas"de A. Cunqueiro, "La nieta del señor Linh"de Philippe Claudel, "Donde el corazón te lleve"de Susana Tamaro, "La hija de la noche"de Laura Gallego, "Ismael que foi mariñeiro"de Juan Farias e "Arrugas"de Paco Roca.
martes, 2 de outubro de 2012
MES DA VELLEZ
CLUBS DE LECTURA
Os grupos de 1º de E.S.O. comezan a ler no club os seguintes libros:
- A NOITE QUE WENDY APRENDEU A VOAR: De Andreu Martin. Esta é unha novela trepidante na que a moza policia (Wendy) deberá enfontarse por si mesma con asasinos perigosos, terá que correr, loitar e facer uso da pistola, coñecerá o fondo do mar, saltará abismos pavorosos e verá a morte de moi preto.
- EL ASESINATO DE LA PROFESORA DE LENGUA: De Jordi Sierra i Fabra. A profesora de lingua Soledad está farta de que os seus alumnos non se esforcen na clase. A súa desesperación chega a tal límite, que lles comunica unha inquedante nova: antes de rematar o día, asasinará a un dos seus alumnos se non a consiguen deter antes. Aos alumnos vailles a vida niso asi que non perderán un só segundo. A busca xa empezou...
venres, 22 de xuño de 2012
UNHA DUCIA DE LIBROS
Agora que se aproxima o verán e tendes máis tempo para ler, vos deixamos como suxerencia doce libros, unha pequena mostra dos moitísimos que temos na Biblioteca para vos:
" O Frío Azul ". de Ramón Caride Ogando: A historia dun viaxeiro que chega ao mosteiro de Oseira cunha misteriosa bagaxe, a fonda tristeza do seu corazón mancado e, sobre todo, a ansia por saber a calquer prezo a razón da súa insólita desventura. Un relato de guerras e de nigromancia, de poder asoballante, ambientado no século XVI.
" O Club da Calceta " de María Reimóndez. Seis mulleres-moi diferentes entre sí- acoden a clases de calceta: a través dun espazo tan tradicionalmente feminino como é a calceta, a autora, dalles voz a esas mulleres que dende as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente de frustracións.
"El Misterio Velázquez " . de Eliacer Cansino. As confesións de Nicolás Pertusato, un rapaz ao que o destiño obrigou a participar nuns extranos sucesos ata hoxe esquecidos. Este xoven , que aparece retratado nas Meninas , recorda a súa vida, a sía loita para manter a súa dignidade a pesares da súa particular condición física e, finalmente , a enigmática relación que mantén co pintor Velázquez, autor do famosísimo cadro.
" Ghostgirl " : Descanse en Paz/ El Regreso . de Tonya Hurley. En dous libriños se nos contan as peripecias de Charlotte Usher, unha adolescente que se sinte profundamente desgraciada, que morre por circunstancias fortuitas, pero entrará nunha nova dimensión, dun xeito fantástico Charlotte regresa para tomar cumprida vinganza de todos os que en vida se riron dela, a humillaron e tamén a ignoraron.
" La Mona Risa ". Los mejores relatos de humor. Con selección e prólogo de Luís M. Pescetti. Woody Allen, Samuel Beckett, Italo Calvino, Alfredo Bryce Echemique, Elvira Lindo, Wenceslao Fernández Flórez, E. Jardiel Poncela, Juan José Millás, etc..son algúns dos autores seleccionados nesta antoloxía de relatos curtos , que teñen como nexo o humor, dende unha diversidade de estilos, temas e enfoques.
" O Último traballo do señor Luna " de César Mallorquí. Novela de aventuras , de ritmo trepidante. Aínda que a trama da comezo en Bolivia, coa fuxida de dona Flor Huanaco a España , o plan de vinganza dun poderoso narcotraficante trasladaráse ás rúas e aos barrios de Madrid. Tras os seus pasos, chegan un implacable asasino a soldo , coñecido como o sr. Luna co encargo de matala , e o fillo do narcotraficante, desexoso de herdar o seu imperio e, polo tanto, máis perigoso aínda que o seu pai.
" Zara y el Libreo de Bagdad " . de Fernando Marías. Unha bomba estoupa na Barcelona de 1938. Un misil destroza un dormitorio en Bagdad. 60 anos de diferencia. Distintas guerras. As mesmas víctimas. O mesmo exilio. ¿ Estamos condeados a repetir a historia ?. Unha novela valiente e comprometida, e tamén un alegato contra as guerras.
" Un casoiro ben mal amañdo " de Bali Rai. Narra as peripecias vitais dun adolescente punxabi, que se debate entre manter as relacións familiares e vivir a súa propia vida. Esta novela narra dun xeito crú e realista o intento de sobrevivir de moitas comunidades de inmigrantes en espazos culturais alleos e as contradiccións que se xestan nas segundas xeracións no seo desas comunidades.
" O Derradeiro dos Mohicanos ". de Fenimore Cooper. Non ha ser difícil para os lectores situárense na paisaxe e na acción referencial de centos de películas e libros onde os pobos indios, os " pel vermella " deambulan a través desa épica e enorme fronteira americana: alí, a natureza convértese en parte integrante dos acontecementos. É a historia dos mohicanos ..
" A noite que Wendy aprendeu a voar ". de Andreu Martín. Esta é unha novela trepidante , na que a moza policía deberá enfrontarse por sí mesma con asasinos perigosos , terá que correr, loitar e facer uso da pistola, coñecerá o fondo do mar..saltará abismos pavorosos e verá a morte de moi preto . Esta será a noite na que Wendy aprenda a voar.
" Tres Disparos e dous friames ". de Miguel Anxo Fernández. Unha aventura máis do xa famoso personaxe " Frank Soutelo ": un detective retranqueiro, un tanto cínico, e cunha particular idea da xustiza: terceira novela da serie , na que este detective volve a meterse en leas nos máis escuros e depravados ambiente de Hollywood.mércores, 16 de maio de 2012
VALENTÍN PAZ ANDRADE
Este ano o Día das Letras Galegas, adícase á figura de Valentín Paz Andrade ( 1898-1987 ): avogado, empresario, especialista en temas pesqueiros, político, poeta e xornalista. Foi un home clave na historia do século XX en Galicia.
Entre as obras máis importentes estarían:
" Galicia como Tarea " (1959 ); " Sementeira do vento " ( 1968 ); " Pranto Matricial " ( 1975 ); " Cen chaves de sombra "; " Castelao na luz e na sombra " ( 1982 )
martes, 24 de abril de 2012
CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO
Co gallo do "Día Internacional do Libro", o equipo da biblioteca, seleccionou algúns dos libros máis antigos que temos no centro: hai libros editados nos anos 60, 70, e mesmo algúns dos anos 50: son auténticas "reliquias"! Seguindo a CDU (Clasificación Decimal Universal) ordenámolos por materias: filosofía, psicoloxía, ciencias sociais, ciencias naturais, literatura, historia, xeografía, etc...
Tamén fixemos un traballo documental sobre a historia do libro e das bibliotecas. Na entrada do instituto puxemos a exposición.
Tamén fixemos un traballo documental sobre a historia do libro e das bibliotecas. Na entrada do instituto puxemos a exposición.
martes, 20 de marzo de 2012
XABIER P. DOCAMPO NA BIBLIOTECA
Hoxe visitou a biblioteca o escritor Xabier P. Docampo, autor de obras tan coñecidas como: "Cando petan na porta pola noite", "O pazo baleiro" ou "O misterio das badaladas".
A charla-coloquio celebrouse na biblioteca para todos os grupos de 1º de E.S.O. Xabier P. Docampo falou da importancia "vital" de contar historias e da dimensión da literatura e da lectura como técnicas funda-mentais para coñecernos a nos mesmo e ser máis "sabios" (que non mellores en palabras do autor).
Ó remate, estableceuse un coloquio e o autor asinou e adicou exemplares do seu libro: "O misterio das badaladas", que xa fora lido polos asistentes á charla. Tamén asinou algúns exemplares para a biblioteca, o que dende aquí lle agradecemos.
A charla-coloquio celebrouse na biblioteca para todos os grupos de 1º de E.S.O. Xabier P. Docampo falou da importancia "vital" de contar historias e da dimensión da literatura e da lectura como técnicas funda-mentais para coñecernos a nos mesmo e ser máis "sabios" (que non mellores en palabras do autor).
martes, 13 de marzo de 2012
MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ : " O SABRE DO FRANCÉS "
Sempre foi un privilexio e un pracer para este Clube de Lectura recibir os diferentes autores que nos foron visitando. No caso de Miguel Anxo Fernández, o pracer foi dobre por tratarse , ademais, de alguén moi achegado a nós, un veciño do Carballiño ao que coñecemos, tratamos e aprezamos ( mesmo se dá a circunstancia de que o seu fillo foi alumno deste centro ).
Miguel Anxo é un carballiñés que exerce como tal: nunca deixou de vivir na súa terra, a cal adoita estar moi presente ao longo da súa obra.
É o caso do libro que nos ocupa e de cuxa lectura gozamos recentemente: " O Sabre do Francés ". Nel, a través dunha linguaxe rica, precisa e moi coidada, vánsenos debullando unha serie de relatos relacionados todos eles coa Guerra de Independencia na comarca do Ribeiro.
Cada un destes relatos é unha pequena " alfaia " que describe episodios da guerra desde distintas perspectivas utilizando diferentes rexistros e estilos de narrar. Desde a triste peripecia do rapaz anónimo que morre tocando a gaita mentres acompaña e anima aos seus, ata o histórico enfrontamento entre dous dos oficiais máis célebres da loita,pasando polas historias protagonizadas polos propios do lugar e o seu decisivo papel na guerra contra o francés. Non podemos deixar de citar o relato que inspira o título do libro: " Son un aceiro ", no que o propio sabre toma a palabra e narra en primeira persoa os sucesivos cambios de dono e conseguintes avatares ao longo de case cen anos.
Cada historia require un tratamento e estilo diferentes que Miguel Anxo lle outorga cambiando de técnica e rexistro narrativos segundo se adapten mellor a cada contido. Desde a narración truculenta ao Edgar Allan Poe de " A carne de caza " e, en certo modo, " A viña da rectoral ", ata a emotividade de " Cen moedas de ouro " ou " O baúl dos adeus "; cabería , mesmo, falar de thriller psicolóxico no inquedante : " Foi un afeitado histórico ". Por suposto, tamén está presente, en moitas historias, a narración viva e enérxica propia dos relatos bélicos, así como a descrición precisa de paisaxes, uniformes, personaxes e escenarios, Mencionar, por último, os diferentes puntos de vista narrativos que van do narrador omnisciente á primeira persoa autobiográfica.
Pola nosa parte, agradecemos a Miguel Anxo Fernández a súa presenza na nosa reunión do Clube de lectura, na que gozamos enormemente. Ademáis de comentar os diversos aspectos da obra, anécdotas, proceso de documentación, alusións ao cine ( non esquezamos a súa faceta de cinéfilo e experto na materia )... Miguel Anxo íanos ofrecendo unha amena presentación ilustrativa de todo isto.
Agardamos poder contar de novo coa súa presenza e falar de cine, historia, literatura... ou o que cumpra, pois á personalidade poliédrica de Miguel Anxo acáelle ben a máxima de Terencio que di: " nada humano me é alleo "
Carmen Hernández Castejón. Profesora de Língua e Literatura Castelá
UN PEQUENO EXEMPLO DE PROXECTO DOCUMENTAL : " O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"
Un grupo de alumnos-as de 2º de ESO, elaboraron na Biblioteca no mes de febreiro e primeiros días de marzo, un Proxecto Documental. O tema que eleximos- en función das datas en que nos atopamos- foi o : " Día Internacional da Muller ". O grupo formado por 19 alumnos-as, dividíuse en subgrupos de catro integrantes cada un.
.- Previamente elaborei un guión con cinco temas básicos a tratar sobre as mulleres.
.- Pasóuse logo a buscar nas fontes de información e en todo tipo de soporte, de tal xeito, que, alternativamente os grupos buscaron información en Internet e en distintos tipos de materiaís impresos.
.- Na seguinte fase houbo que discriminar a información en función do interese da mesma para o noso traballo.
.- Unha vez feito o resúmo, buscáronse fotos na rede e fíxose unha escolla das que semellaban ser máis interesantes para o que queríamos contar.
.- Para rematar, pegáronse as fotos en cartulinas con comentarios á marxe, froito dos resúmos feitos previamente.
O traballo que resultou, quedou exposto na entrada do Centro, xunto cós dous vídeos dos que vos deixamos aquí unha copia.
ENDEREZO DESCOÑECIDO

As grandes traxedias universais cobran unha nova dimensión cando as individualizamos e as vemos de preto.
Ao aplicar a lente do microscopio para acercar o caso particular, a traxedia faise mais real, máis concreta, máis persoal e humana; e é entón cando nos facemos aínda maís conscientes do seu verdadeiro alcance.
"Enderezo descoñecido" é un golpe seco e directo ao máis profundo da nosa conciencia. Cunha economía absoluta de calquera elemento superfluo e sen contemplacións, ponnos fronte á traxedia persoal duns individuos que se ven abocados a ela como consecuencia do Holocausto nazi. A amizade, o amor, o compañeirismo, os bos sentimentos...vanse destruíndo e van deixando paso ao rancor, ao odio, ao racismo, ao desprezo, o resentimento e a vinganza. Todo en aras dunha ideoloxía detrutiva e xenófoba.
Ao mesmo tempo, a novela amósanos o proceso mediante o cal un individuo pode ir transformando e radicalizando o seu pensamento político ata se transformar il mesmo no máis íntimo: nos seus sentimentos.
A estrutura epistolar, ao se tratar de cartas persoais, contribúe a esa aproximación ao particular.
O máis duro é comprobar que o drama histórico é, sobor de todo, un drama individual, de persoas normais coma nos e que, a calaquera nos podería suceder algo semellante en calquera momento.
Non se pode dicir máis con menos e dicilo, ademáis dunha maneira tan sobria e intensa. Toda a novela é un aldabonazo duro e directo ao noso interior. O final...maxistral, sobrecolledor.
Creo non equivocarme demasiado se digo que, para todos os que formamos este clube de lectura, esta foi a obra máis impactante de todas as incluídas no presente curso.
xoves, 8 de marzo de 2012
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Hoxe, 8 de marzo, conmemórase o "Día Internacional da Muller Traballadora". Nós queremos unirnos a esta celebración con dous traballos en formato dixital, realizados polo equipo da biblioteca e alumnos e alumnas de 2º de E.S.O.. O primeiro vídeo é un homenaxe ás mulleres traballadoras da comarca do Carballiño, en forma de crónica de un día de traballo dunha panaderia de Cea.
O segundo traballo é unha presentación a xeito de álbum fotográfico, onde se fai unha historia resumida do periplo vital das mulleres dende a antigüedade ate o momento actual. É unha composición con fotos, música e comentarios, onde se recolle en cifras as condicións laborais e de traballo das mulleres no mundo.
8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA
martes, 28 de febreiro de 2012
ENTROIDO NO I.E.S.
O venres 17 de febreiro celebramos o Entroido no centro. Houbo concurso de disfraces nas modalidades de: individual, parellas e grupos de tres ou máis integrantes. A festa estivo moi animada. Aquí tendes a mostra.
luns, 13 de febreiro de 2012
LIBROS QUE MERECE A PENA LER
| Portada nunha das versions da biblioteca |
Trata dun rapaz chamado Jim Hawkins que, ó día seguinte da morte do seu pai, descubre casualmente un extraño baúl dun vello pirata que morreu na súa pousada. O mapa será o responsable dunha emocionante expedeición a unha isla descoñecida na busca do tesouro do capitán Flint.
Nesta aventura destacan os termos mariñeiros que se usan (moitos deles seguramente tédelos que buscar no diccionario). En dúas das versións que temos na biblioteca podedes ver o mapa da famosa illa do tesouro e un debuxo da goleta na que viaxan os nosos aventureiros, chamada Hispaniola, no que se vos explica como era.
| Robert L. Stevenson |
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)






