Este ano, decidimos facer un pequeno homenaxe e lembrar a todas as mulleres víctimas da violencia de xénero a través dos traballos dos máis pequenos ( 1º de ESO ).
Aproveitamos para iso a nova asignatura que o centro oferta este ano: Comprensión lectora/ Expresión oral y escrita : trabajando competencias a través de proyectos de investigación. Os alumnos-as de 1º de ESO A, divididos en grupos , traballaron en varias sesións o tema da violencia de xénero, aínda que , pola súa idade, dun xeito máis sinxelo: buscaron en internet, e tamén en documentos impresos na Biblioteca, imaxes e textos, sen esquecer os propios debuxos que fixeron eles mesmos.
O resultado son estes paneis que vos amosamos no blogue, e que están colocados no corredor principal de acceso ás aulas.
Tamén, dende a Vicedirección do centro, vense de convocar un Concurso de Tuits contra a Violencia de Xénero, no que pode participar todo o alumnado do centro.
Aínda que o 25 de Novembro, é o día oficial no que se lembra a todas as víctimas da violencia de xénero, non debemos esquecer que, por desgraza, estes actos vergoñentos ocorren os 365 días do ano, como se pon de manifesto na cantidade de mulleres que morren ou que quedan malferidas. É importante subliñar tamén que a violencia non é só maltrato físico : aínda hoxe, existen moitos lugares no mundo nos que as mulleres se lles impide ir á escola , ou exercer o dereito ao voto.. dende meu punto de vista, esta conculcación dos dereitos humanos, é tamén un xeito de violencia estructural e cultural.

Ningún comentario:
Publicar un comentario