Xa chega o Outono , e con el as castañas, as cabazas e o Samaín. Todos os anos, por estas datas, no Centro se convoca un Concurso de Cabazas, que semellan ser as caliveras do mes de Santos. Este curso, non podía ser diferente, así que os rapaces e rapazas dos primeiros cursos de ESO, se animaron a retallar as cabazas de todas as formas posibles: hai cabazas que son bruxas, outras son raíñas. Algunha leva un coitelo cravado..
Grazas a imaxinación sen límite dos máis pequenos , todos podemos disfrutar desta exposición de Samaín.

Ningún comentario:
Publicar un comentario