No IES Nº 1 estamos a celebrar tamén o mes da Ciencia na Biblioteca , co manifesto de Jorge Mira Pérez en lugar ben destacado. Este ano tamén fixemos unha pequena exposición de libros que, dun xeito ou doutro falan de ciencia: libros e manuais de bioloxía, química ou matemáticas.
Hai libros " divulgativos " adapatados para o alumnado das distintas etapas , e tamén , non poden fallar as novelas, que teñen á Ciencia como protagonista: " A soedade dos números primos ", " O árbol da Ciencia ", " Amigos en tempo real ", " O matemático do rei ", " Tiempo de silencio ", " Ë real a realidade ? " Investigadoras galegas ". " Os dados do reloxeiro ". Todo isto se complementa con biografíass de científicos tan importantes como: Isaac Newton, Charles Darwin, Albert Einstein ou Steve Jobs

Ningún comentario:
Publicar un comentario