![]() |
| Artemisia. Autorretrato |
Artemisia Lomi Gentileschi ( Roma 1597- Nápoles contra 1654 ).
É o nome da muller que tiñades que descubrir esta semana.
Foi unha pintora caravaggista italiana coñecida no mundo da Arte como Artemisia . Filla do pintor Orazio Gentileschi, viviu na primeira metade do S. XVII. Foi violada polo seu mestre de debuxo Agostino Tassi cando tiña 18 anos. Este feito, deixaría unha fonda pegada na súa obra pictórica.
O seu pai, seguidor do naturalismo tenebrista de Caravaggio, cedeulle en herdanza o seu obradoiro e influíuna cunha forte acentuación dramática, produto das obras de Caravaggio e cargada de efectos teatrais.
![]() |
| Judith e a súa doncela |
Artemisia era a súa propia axente e administradora da súa obra, na que predominan as mulleres símbolo ( Lucrecia, Judith ou Cleopatra ..), pero sempre representadas dende a súa propia experiencia vital. Foi unha pintora que acadou moito éxito en vida: tivo encargos dos monarcas ingleses, españois, da aristocracia florentina e romana, etc..
A pesares do traumático acontecemento que viviu de nova, pódese dicir que foi unha muller libre con moita autonomía personal e profesional, algo case que imposible naquela época tratándose dunha muller.


Ningún comentario:
Publicar un comentario