Mª Luz Morales Godoy. Era a segunda proposta do concurso " As Esquecidas ".
Mª Luz Morales naceu en A Coruña en 1898. É considerada toda unha referencia para a incorporación da muller ao xornalismo e a literatura no século XX.
Foi a primeira muller na historia de España que dirixiu un xornal : " La Vanguardia " .
Aínda que naceu na Coruña, residiu dende pequena en Barcelona, cidade na que desenvolvería toda a súa vida profesional. Diplomada en Filosofía e Letras, nos anos 20 do século pasado traballou no xornal : " La Vanguardia ", onde asinaba os seus artigos co pesudónimo " Felipe Centeno ". A productora americana Paramount Pictures contratouna como tradutora e guionista. Dirixe durante a Guerra Civil española o xornal : " La Vanguardia ". En 1940, en pleno franquismo -foi encarcelada e inhabilitada como xornalista.
En 1948 entra a colaborar no " Diario de Barcelona ", manténdose neste xornal como colaboradora ata a súa morte en 1980.
Mª Luz Morales , ten tamén unha interesante proxección como autora de novelas, ensaio, obras de teatro e tradutora.
Dende o ano 2016 a Academia Galega do Audiovisual , convoca os Premios Mª Luz Morales de Ensaio e Videoensaio sobre o Audiovisual.

Ningún comentario:
Publicar un comentario