luns, 8 de marzo de 2021

Marisol Soengas

 

Mª  Soledad  Soengas  González.

Era a primeira muller que tiñades que descubrir no Concurso " As  Esquecidas "
Marisol- como a ela lle gusta que lle chamen- naceu en Agolada en 1968. É unha das científicas máis prestixiosas de Galicia. Marisol conta que " de nena, os meus pais regaláronme unha enciclopedia divulgativa para cativos, na que a ciencia se describía dun xeito moi simple . Recordo pasar moito rato mirando e remirando as fotos.. É curioso como un agasallo tan sinxelo pode influir en nós a tan longo prazo ".
Empezou a carreira de Bioloxía na Universidade da Coruña e rematouna na Universidade Autónoma de Madrid en 1991, incorporándose ao equipo ( Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa ) que dirixía a prestixiosa científica Margarita Salas, sempre centrada no estudo da bioloxía molecular.
Dende 1997 á 2002 foi investigadora no laboratorio Cold Spring Harbour ( Nova York ) analizando os mecanismos da morte celular e a súa implicación  no melanoma.
Dende 2008 é responsable do Grupo de Melanoma no Centro Nacional de Investigación Oncolóxica 
( CNIO ).

Ningún comentario:

Publicar un comentario