O mes de marzo, é tamén tradicionalmente O Mes da Poesía,
Pedímoslle ós nosos alumnos e alumnas que se animaran a poñerlle debuxos a distintas poesías, aproveitando tamén a data do 24 de Febreiro ( Día de Rosalía ).
Nunha entrada anterior xa amosamos ás distintas " Rosalías " que foron saíndo.
Hoxe 5 de Marzo, traemos aquí as ilustracións que as alumnas de 1º de ESO: Sofía Noguero Rodríguez e Noelia Soto Domínguez, fixeron de dous poemas que o poeta Manuel María adicou ó Carballiño: " Canción da Feira " e " Canción do Templo da Veracruz "
Ao longo deste mes de marzo, haberá máis ilustracións e máis poesías.

Ningún comentario:
Publicar un comentario