O pasado 23 de Abril celebramos un ano máis " O Día Mundial do Libro ". Esta vez o marco para as lecturas foi a Biblioteca.
Rapaces e rapazas de todos os cursos de ESO, participaron nesta actividade, que contou coa colaboración das profesoras Ana Lousado ( Dpto. Língua e Literatura Galega ) e Gema Roiz ( Dpto. de Latín e Grego ). Se leron textos de : Rosalía de Castro, Catulo , Xico Buharque entre outros. Deuse a circunstancia que a alumna Bárbara M. Domínguez le un fragmento de seu libro: " Hércules Asperger y la mafia del Olimpo " .
Aproveitamos tamén para montar unha pequena exposición de libros como homenaxe ós relatos máis antigos e clásicos: " A Odisea ", " Contos das 1001 noites ", " Contos de Andersen " , ou os " Contos de Pushkin ". Todos eles teñen en común que, con toda probabilidade, foron contos moi antigos de tradición oral que logo se plasmaron en soportes escritos.
ENTREGA DE PREMIOS. CONCURSO " AS ESQUECIDAS ".
Tamén o dia 23 de abril aproveitamos para entregar os premios do concurso/xincana " As Esquecidas ". Concurso que tivo lugar durante todo o mes de marzo, a modo de xincana e no que se inscribiron 35 alumn@s do centro. Os departamentos de : Língua e Literatura Castelá, Língua e Literatura Galega, Inglés, Ciencias Naturais, Xª Hª e Arte, foron os que propuxeron os nomes das catro mulleres esquecidas que había que atopar .
A gañadora do 1º premio foi: Antía López Civeira ( 1º de ESO ).
A gañadora do 2º premio foi: Carla Otero González . ( 4º de ESO ).
Deulles o premio Gema Roiz ( Dpto. de Latín e Grego ) , que foi tamén quen propuxo a idea do concurso/xincana.
Dende aquí dámoslle a noraboa ás premiadas, as grazas ós/ás concursantes e tamén as profesoras dos distintos departamentos que propuxeron os nomes das " esquecidas ".


Ningún comentario:
Publicar un comentario