venres, 23 de abril de 2021

No principio foi o " relato "

Como xa sabedes, hoxe 23 de abril, celébrase en todo o mundo o " Día Internacional do Libro ".

Eu comezo esta pequena reflexión falando dos nosos antepasados máis antigos, os que cristalizaron nos " homo sapiens " que somos agora e que xorden en África  hai máis de 200.000 anos. Pois ben, según os últimos estudos científicos, este homo-sapiens se impuxo a outras variantes de homínidos entre outras características pola súa capacidade de construir relatos, é dicir: comunicarse con outros da súa especie, tanto para crear e relatar como para escoitar e reinterpretar  historias.


O relato está pois no principio da comunicación humana. Logo, ao longo dos séculos aparecería a escritura en unha morea de soportes: papiro, pergamiño, tabliñas de arxila cocida, papel, etc..ata chegar ós modernos soportes dixitais de lectura.


Pero no fondo, a idea segue a ser a mesma que fai milleiros de anos : a uns gústalle contar historias e a outros escoitalas e recrealas, porque con elas nos abrimos ó mundo, pero tamén abrimos xanelas a nosa imaxinación e as nosas emocións. En palabras de Daniel Pennac-novelista e estudoso do mundo dos libros e a literatura-: " O home constrúe casas porque está vivo, pero escribe libros porque se sabe mortal. Vive en grupo porque é gregario, pero le porque se sente só. Esta lectura non lle ofrece ningunha explicación definitiva sobre seu destino, máis técelle unha rede de conivencias entre a vida e el".

Hai máis de 5000 anos , os exipcios chamábanlle ás bibliotecas "  casas de almas ", xa que pensaban que lendo se alimentaba o espíritu : un xeito de trascender a realidade e a vida mortal.

Iso mesmo pensaba Federico García Lorca cando pronuncia un discurso no seu pobo natal - Fuente Vaqueros - co gallo da inauguración da biblioteca pública no ano 1931, e que titulou: " Medio pan y un libro ".
[...] " No solo de pan vive el hombre. Yo si tuviera hambre y estuviera desvalido en la calle no pediría un pan, sino que pediría medio pan y un libro  "

[...] " ¡ Libros !, ¡ Libros !... es decir, horizontes, es decir escaleras para subir la cumbre del espiritu    y del corazón.



FELICES  DIAS  DE  LIBROS  E  DE  BOAS   E  PROVEITOSAS  LECTURAS !!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario