Foi unha lenda do cine de Hollywood dos anos 30 e 40 do pasado século, mesmo foi catalogada como a muller máis fermosa do mundo. Pero tamén contou cunha faceta como inventora e que pasou case despercibida durante boa parte da súa vida. Naceu en Viena en 1913, no seo dunha acomodada familia xudea. Hedy foi a universidade , e xa dende ben pequena amosou unha grande intelixencia para as matemáticas. Tivo unha vida moi azarosa: mesmo tivo que fuxir de seu primer home: un nazi declarado que lle facía a vida imposible e que lle prohibiu estudar..
Hedy rematou na meca do cine ( Hollywood ) onde foi toda unha lenda como actriz nos anos 30 e 40.
A pesares de ser unha grande estrela do cinema, "mataba o tempo " entre rodaxes concebindo inventos: dende un escudo antiaéreo ata modificacións no deseño do Concorde, e sobre todo, xunto co seu amigo o compositor e pianista George Antheil , o esbozo dun sistema de conmutación de frecuencias de radio para a orientación de misiles que non puideran ser interceptados polos inimigos.En 1942 , o goberno dos EE-UU, concedeulle a patente, pero convencer ao exército que a tomara en serio a ela e a Antheil foi imposible. Pero outras empresas empezaron a traballar en distintas aplicacións da idea. Hoxe, os rudimentos daquela tecnoloxía están nos métodos de codificación empregados en conexiones Wi-fi, telefonía móbil e outros campos da comunicación inalámbrica.
Morreu no ano 2000 ( 85 anos ). En 1997, ela e o seu compañeiro Antheil ( a título póstumo ) recibiron o Premio Pioner Awards, da estadounidense Electronic Frontier Foundation.
Bueno, esta era a última muller que tiñades que descobrir do concurso " As Esquecidas ".
En entradas sucesivas do Blogue, xa vos diremos quen foi o gañador-a

Ningún comentario:
Publicar un comentario