venres, 27 de novembro de 2015

NOVEMBRO : MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA

No  IES  Nº 1 estamos a celebrar tamén  o mes da Ciencia na  Biblioteca , co manifesto de Jorge Mira Pérez en lugar ben destacado. Este ano tamén fixemos unha pequena exposición  de libros  que, dun xeito ou doutro falan de  ciencia: libros e manuais de bioloxía,  química ou matemáticas.
Hai libros " divulgativos " adapatados para  o alumnado das distintas etapas , e tamén , non poden fallar as  novelas, que teñen á Ciencia como protagonista: "  A soedade dos números primos ",  "  O árbol da Ciencia ", " Amigos en tempo real ", " O matemático do rei ", " Tiempo de silencio ", "  Ë  real  a realidade ? " Investigadoras galegas ". " Os dados do reloxeiro ".  Todo isto se complementa con biografíass de científicos tan importantes  como:  Isaac  Newton,  Charles  Darwin,  Albert Einstein   ou  Steve  Jobs

mércores, 25 de novembro de 2015

DÍA 25 DE NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este ano, decidimos facer un pequeno homenaxe e lembrar a todas as mulleres víctimas da  violencia de xénero a través dos traballos dos máis pequenos ( 1º de ESO ). 
Aproveitamos para iso a  nova asignatura que o centro oferta este ano:  Comprensión lectora/ Expresión oral  y escrita : trabajando  competencias a través de proyectos de investigación. Os alumnos-as de 1º de ESO  A, divididos en grupos , traballaron en varias sesións  o tema da  violencia de xénero, aínda que , pola súa idade, dun xeito máis sinxelo:  buscaron en  internet, e tamén en documentos impresos na Biblioteca, imaxes e textos, sen esquecer os propios debuxos  que fixeron eles mesmos.

O resultado son  estes paneis que vos amosamos no blogue, e que están colocados no corredor principal de acceso ás aulas.
Tamén, dende a Vicedirección do centro, vense de convocar un Concurso de Tuits contra a Violencia de Xénero, no que pode participar todo o alumnado do centro.
Aínda que o 25 de Novembro, é o día oficial no que se lembra a todas as víctimas da violencia de xénero, non debemos esquecer que, por desgraza, estes actos vergoñentos  ocorren os 365 días do ano, como se pon  de manifesto na cantidade de mulleres que morren ou que quedan malferidas. É importante subliñar tamén  que a violencia non é só maltrato físico :  aínda hoxe, existen moitos lugares no mundo nos que as mulleres se lles impide ir á escola , ou exercer o dereito ao voto.. dende meu punto de vista, esta conculcación dos  dereitos humanos, é  tamén un xeito de violencia estructural e cultural.

xoves, 12 de novembro de 2015

Lembranzas dun Magosto e dun Pobo

Hai moitos anos en días coma estes, os rapaces e rapazas do meu pobo celebrabamos con ledicia os  magostos. Na tarde do San Martiño  ( 11 de novembro ) nos botabamos aos montes da bisbarra cargados con chourizos , cachelos, chocolate ( a afamada tableta das onzas que aínda existe ), algunha que outra botella de viño- só os máis avispados - e por suposto as  castañas . Tamén cargabamos coas potas e cazos máis vellos que as nosas nais atopaban pola cociña. Con todos istes aparellos e a maior ilusión do mundo, nos espallábamos ( se a climatoloxía  acompañaba ) cara os montes de Mesego, o Parque Municipal, a zona do Balneario ou a Pena de Señorín ( onde agora se asenta o IES ).
A graza de todo isto era, unha vez ubicados no " asentamento " recoller piñas, poliñas de piñeiro e carballo, frouma, etc.. e " tentar " de facer unha fogueira. Digo o de " tentar ", porque as veces non o conseguíamos: á nosa inexperiencia de nenos pequenos e un pouco pueblerinos, se engadía o tempo climatolóxico, auténtica espada de Damocles que penduraba sobre o éxito ou o fracaso do Magosto:  se chovera a noite anterior, prender o lume era case que misión imposible.
                                                                                           
Pero se non chovía, naqueles  " tempos heroicos ", o máis normal era que fixera un frío peludo ( en palabras de miña avoa ), cunha grosa capa de xeada que non se derretía en varios días . Aínda así, as veces, conseguíamos facer unha fogatiña con máis fume que brasa e máis pena que gloria: entón a felicidade era completa !. Ben é certo que case sempre os cachelos estaban medio crus, os chourizos outro tanto e o chocolate sabía máis a fume ca outra cousa.
Das castañas mellor non falamos. Ou sí? : non as amoxetabamos adrede, para que estralaran no medio das brasas, coma se foran " bombas ", e xa para rematar, pintabamos a cara coa borralla..Desta " guisa " , voltabamos ao pobo xa ben entrada a noite. Os máis avispados que levaran o viño eran á volta os máis achispados.  Os Soportais, a Praza Maior, a Alameda íase enchendo pouco a pouco de rapaces e rapazas coa cara emborrallada. O viño que algúns  beberan xa empezaba a surtir efeto , producindo algunhas pequenas liortas e pelexas, aínda  que o sangue nunca chegaba ó río.
Todo isto, xa digo, pasou hai bastantes anos no meu pobo, a xente máis nova xa non o acorda. Xa non hai  fogatas nos montes do Carballiño, tampouco hai xeada, porque non vai o frío que ia daquela. So quedan as castañas , un regusto de chocolate con sabor a  fume e unha morea de lembranzas.
                      


luns, 2 de novembro de 2015

SAMAÍN

Xa  chega o Outono , e con el as castañas, as cabazas e o  Samaín. Todos os anos, por estas datas, no Centro se convoca un Concurso de Cabazas, que semellan ser as caliveras do mes de Santos. Este curso, non podía ser diferente, así que os rapaces e rapazas dos primeiros cursos de ESO, se animaron a retallar as cabazas  de todas as formas posibles: hai cabazas que son bruxas, outras son raíñas. Algunha leva un coitelo cravado..
Grazas a imaxinación sen límite dos máis pequenos , todos podemos disfrutar desta  exposición  de Samaín.

xoves, 29 de outubro de 2015

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

El  Sábado 24 de Octubre, se conmemoró el Día Mundial de las Bibliotecas . Como ya hemos comentado en una entrada anterior del blog, durante todo el mes de octubre, los alumnos-as de 1º  de  ESO , han estado trabajando por grupos en este pequeño proyecto de investigación sobre el origen de los libros y las bibliotecas en :  Mesopotamia, Egipto, Grecia y Roma.
 
Divididos en grupos, han buscado información por distintas vías: documentos impresos e  internet fundamentalmente.
 

 
Luego, han redactado pequeños textos , seleccionando también imágenes por internet. Aunque han trabajado por grupos, se han dividido el trabajo: mientras unos buscaban información e imágenes en la red, otros hacían lo propio en documentos impresos. Luego vino el trabajo de selección / acotación de  textos e imágenes, así como el dibujo y diseño en las cartulinas donde finalmente se plasmó todo el trabajo.
 
El resultado ha sido esta pequeña exposición en el pasillo de acceso a las aulas, como reflejan las imágenes que aquí os dejamos.
                 Esta actividad  o proyecto,  se realizó dentro de la asignatura ofertada por el centro para 1º de ESO : " Comprensión Lectora/ Expresión Oral y Escrita : trabajando Competencias a través de Proyectos de Investigación "
 


venres, 23 de outubro de 2015

AS MOCHILAS QUE VIAXAN

Tintin, Clara Sánchez, Agustín Fernández Paz, Spiderman, Enrique Sánchez, Carlos Ruiz Zafón, Ana e o Rei de Siam, Fina Casalderry, Asterix ou os Simpson..
 
Todos eles viaxan  cos nosos mochileiros-as  como cada  ano. As cinco mochilas xa empezaron a " rular " grazas os alumnos-as de 1º de ESO.
 
Coma sempre, conteñen :
 
.-  1 Cómic.
 
.-  1 libro de Literatura  Xuvenil.
 
.-  1  libro de lectura para pais.
 
.-  Unha película para ver en familia.
 
A xeito de agasallo, tamén lles facemos chegar varios marcapáxinas  e un pequeno cuaderniño para que nos fagan chegar todas as suxestións que consideren convintes. Nin que dicir ten que, a maioría das veces, os pais/nais amósanse encantados con esta iniciativa
 

sábado, 10 de outubro de 2015

Trabajando Competencias desde la Biblioteca

Este año el  IES nº 1  oferta para los alumnos de 1º de ESO la asignatura:  "  Comprensión lectora / Expresión oral y escrita : trabajando competencias a través de Proyectos de Investigación ", asignada este curso al Seminario de Lengua y Literatura Española.

Comenzamos haciendo un Proyecto de Investigación  sobre el  " Orígen del Libro  y las Bibliotecas  " .

Dividimos la clase en cuatro grupos , integrado cada uno por cinco alumnos-as. 
Cada grupo ha nombrado un secretario-a y un coordinador-a.
 Es importante resaltar que esta asignatura se imparte integramente ne la Biblioteca.

                                                                                        
Dado que van a trabajar buscando información en distintos documentos y en distintos soportes, la Biblioteca, es el espacio natural y de referencia como centro de recursos multimedia., para el óptimo desarrollo de estos trabajos.

Cada grupo buscará alternativamente información en Internet y en distinto documentos impresos de la Biblioteca: seleccionarán textos e imágenes, reuniones de cada grupo para decidir que información se elige.

Elaboración de Producto final: confección de murales que expondrán en los pasillos de acceso a las aulas el 24 de octubre, " Dia Mundial de las Bibliotecas "

luns, 28 de setembro de 2015

A PRIMEIRA VISITA Á BIBLIOTECA

Xa é un  "  clásico "  que, cando comenza un novo curso os  alumnos-as  de 1º de ESO e algúns do Bacharelato  acudan á Biblioteca, nunha primeira visita guiada.
 
Nesta  primeira toma de contacto, se lles proporciona todo tipo de información sobre: os fondos, o servizo de préstamo, os distintos recursos que poden atopar , o uso dos ordenadores, o horario, as normas de convivencia na mesma, etc..
 
Este ano, tamén falamos da nova asignatura  que oferta o Centro para 1º de ESO:  " Comprensión lectora e expresión oral e escrita: traballando competencias  a través de proxectos de investigación ",  e que se impartirá integramente na Biblioteca.

mércores, 24 de xuño de 2015

E PARA REMATAR , ALGUNHAS SUXESTIÓNS LECTORAS

 
Nada mellor para rematar este mes de xuño  que facer unha  proposta de lecturas  suxeridas polos propios alumnos-as do centro. A partires da  enquisa sobre hábitos lectores  que se lle pasou ó alumnado da ESO  no pasado mes de maio.
 
 
.-   " El  Teorema  de  Katherin ".  John  Green.  Edit. Nube de Tinta.
.-   " Olga  e  o  dinosaurio ".  Breogán Riveiro/ Andrés Meixide. Edit.Galaxia.
.-   " Trece  anos  de Branca ". Agustín  Fernández  Paz. Edic. Xerais.
.-   " Finis  Mundi ".  Laura  Gallego.  Edit. S.M.
.-   " Recinto  Gris ".  Ledicia  Costas. Edic. Xerais
.-   " Miña  Querida  Sherezade ".  Andrea  Maceiras. Baía  Edic.
.-   " Cazadores  de  sombras ". Cassandra  Clare. Edit. Destino.
.-   " Los Juegos  del  Hambre " ( triloxía ). Suzanne  Collins. Edit. RBA Molino.
.-   " Divergente ".  Verónica  Roth.  RBA. Molino
.-   " Memorias de Idhum ". ( triloxía-cómic ).  Laura  Gallego.  Edic. S.M.
.-   " Nunca  seré  tu  héroe  ".  María  Menéndez-Ponte.  Edic. S.M.
.-   " Memorias de un gato tonto ".  Luís  Blanco  Vila.  Edit.  Edebé.
.-   " A  historia  interminable ".  Michael  Ende. Edit.  Alfaguara.
.-   " Marina ".  Carlos  Ruíz  Zafón.  Edit. Planeta.
.-   " Lúa  de  Senegal ".  Agustín  Fernández  Paz. Edic. Xerais.
.-   " Las luces de septiembre ".  Carlos  Ruíz  Zafón.  Edit. Planeta .
.-   " De ratos e de homes ".  John  Steinbeck.  Edit. Galaxia.
.-   " Lo  que  Alice  olvidó ". Liane  Moriarty.  Random  House- Debolsillo.
.-   " El  alquimista  impaciente ".  Lorenzo  Silva.  Edit. Destino
.-   " O  espido  de  Xina ".  Miguelanxo  Fernández.  Edic. Xerais.
.-   " La cruz del salvador ".  Juan  Manuel  Valcárcel.  Edit.  Guiverny.
.-   " Hombres  sin  mujeres ".  Haruki  Murakami.  Tusquets  editores.
.-   " La  templanza ".  María  Dueñas.  Edit.  Planeta.
 
 
 
 


martes, 23 de xuño de 2015

AS ACTIVIDADES TEÑEN PREMIO

 
 
 
O  19  de  xuño no IES  Nº 1  se entregaron os  Premios as Actividades Deportivas, Extraescolares e Complementarias:
 
MODALIDADE  DEPORTIVA:
Badminton .
1º)  Edgar López.
2º)  Iván Fernández.
3º)  Hugo Caderno.
4º)  Sara Francisco.
5º)  Alejandro Diéguez.
6º)  Adrián Blanco.
 
 
 
 
Enrique Rodríguez, Iván Gil, Diego Fernández, Lucas González
.

Futbol  Sala .
1º  Grupo Clasificado :  " Sporting de Chistorra "
 
.-  Robin  Heras.
.-  Enrique  Rodríguez  Ballesteros.
.-  Iván  Gil  Conde.
.-  Diego  Fernández.
.-  Lucas  González.
.-  Mateo  López.
 
 
 
 
 
 
 
2º   Grupo  Clasificado :  J.L. Wallace.
 
Edgar Bernárdez, Julio J..Gómez, Noel Rodríguez
 
 
 
.-   Adrián  Pol  Fernández.
.-   Edgar  Bernárdez.
.-   Julio  José  Gómez.
.-   Adrián  Rodríguez  Fernández.
.-   Noel  Rodríguez  Vigo.
 
 
 
 
 
 
 
 
                                                                                      3º  Grupo  Clasificado:  Mosteirón  F.S.
 
Pablo González, Víctor Martínez, Aitor Amado
 


.-   Alejandro   Varela.
.-   Martín   Álvarez.
.-   Aleixo   Fernández.
.-   Pablo   González.
.-   Miguel   Soengas.
.-   Víctor   Martínez.
.-   Aitor   Amado.
.-   Carlos   Troitiño.





Máximos  Goleadores:  1º) Enrique Rodríguez, 2º) Edgar Bernárdez;3º) Robin Heras.


Enrique Rodríguez
Edgar  Bernárdez


 
 
BALONCESTO.                                      


                                                                              1º  Clasificado:  Paninis
 

Iván  Gil, Xoán E.Iglesias,Pablo González, víctor Martínez, Aitor Amado



.-   Iván   Gil.
.-   Xoán   Eusebio   Iglesias.
.-   Pablo   González.
.-   Víctor   Martínez.
.-   Aitor   Amado.








2º   Clasificado: Carrás B.C.
Cristian  González,  Marcos A. Franco, Hugo Caderno, Moisés Caride.

3º   Clasificado:  Drink  Team.
Miguel  Soengas, Diego  Cabaleiro, Martín  Álvarez,  Alejandro  Varela,  Álvaro Rivero.

Máximos  Encestadores.
1º)  Xoán Eusebio Iglesias; 2º)  Edgar López; 3º)  Miguel  Soengas.

Xoán Eusebio Iglesias


                     ACTIVIDADES  EXTRAESCOLARES  E  COMPLEMENTARIAS


5º   Premio :   María  Millán  Pérez.  4º   Premio:  Ana  Ross  Castro  Janeiro.


María  Millán  ( 5º premio )

3º   Premio :  Adrián  Godás  Della  Rippa  e  Nazareth  Pedrouzo  González.


Nazareth  Pedrouzo  ( 3º Premio )



2º   Premio :   Manuel   Vázquez  Augusto.

Manuel  Vázquez  Augusto  ( 2º  premio )




1º    Premio :   Esteban  Decabo  Nogueira .

O gañador do 1º premio: Esteban Decabo co director do Centro:  Manuel Amil







                           NORABOA   E   FELICES  VACACIÓNS !!

















luns, 15 de xuño de 2015

NO ANO DA LUZ FALAMOS DE ESCURIDADE E APOCALIPSE

Portada da Revista Portátil. Xuño 2015
A piques de rematar o curso, publícase no IES a 31 edición  da revista  Portátil  adicada  ó  Ano Internacional da  Luz e as Tecnoloxías baseadas na Luz, celebrando deste xeito as investigacións de científicos como Fresnel, Maxwell ou  Einstein. Polas mesmas datas en que a ciencia puña luz e progreso tecnolóxico a moitos ámbitos da vida cotiá, un escritor inglés de orixe polaca- Joseph Conrad- sorprendía ó mundo cunha novela relativamente curta :  " O Corazón da Escuridade "  ( 1902 ) : a escuridade contraposta á luz.
 
Evidentemente a " escuridade " do relato é a que asola e dasacouga o ser máis profundo dos humanos e, por tanto, máis insondable, de tal xeito, que habita nun lugar que non admite ningún tipo de iluminación e tampouco ningunha explicación racional.
 
Joseph Conrad
A orixe deste relato ten que ver coa vida do propio escritor que durante  seis meses foi contratado por unha compañía belga adicada á comercialización de marfil dende as costas africanas. Conrad traballou  como capitán dun navío que surcaba  as augas do río Congo, quedando fondamente impactado pola brutalidade con que estas compañías europeas ( belgas, inglesas ou francesas ) actuaban en África, propiciando así a matanza e exterminio de milleiros de seres humanos. A novela ten certos tintes autobiográficos, encarnados sobre todo no persoeiro de Marlowe, narrador da historia .
 
Pero non hai dúbida de que a personaxe central do relato é o señor Kurtz: aínda que aparece ao final da mesma , toda a narración está tinguida pola súa búsqueda e as constantes referencias que se fan del: xefe dunha explotación de marfil no corazón da selva e a quen se considera un home de calidades extraordinarias.
 
A Marlowe se lle encomenda ir na súa precura, propiciando así unha especie de viaxe iniciática  onde será testemuña de brutais e salvaxes accións cometidas en nome da  " civilización ". Cando chega ó encontro con  Kurtz, Marlowe é un home profundamente decepcionado, roto por dentro, por todos os abusos que vira cometer, comprobando con estupor como Kurtz tamén vén de protagonizar o seu propio descenso ós infernos: o seu  aillamento no cerne da selva, remata por transformalo nun ser brutal e despótico que mesmo consente  en ser adorado polos nativos como si dun deus se tratase.
 
Apocalypse  Now
No ano 1979, un cineasta italo-americano: Francis Ford Coppola, partindo do relato de Conrad , retoma de novo o tema da deriva e o embrutecemento moral ao que pode chegar un ser humano. Xorde así un dos grandes films de toda a historia cinematográfica :  Apocalypse  Now . A acción transcorre na guerra do Vietnam : tamén na película  o  capitán Willard ( Martin Sheen ) recibe a orde de internarse na xungla para matar ao coronel Kurtz , un laureado militar que remata volvéndose tolo , creando unha especie de reino independente e incontrolable , facéndose tamén adorar polos nativos. Curiosamente , a personaxe do coronel Kurtz, maxistralmente interpretado por Marlon Brando, recibe o mesmo nome que no relato de Conrad.

Sexa a  escuridade da colonización europea do continente africano no século XIX ou a apocalipse  da guerra do Vietnam da segunda metade do século XX ambos os dous relatos constitúen unha crónica moi realista dos complexos procesos mentais e morais que se producen nas personas sometidas a condicións extremas.




mércores, 3 de xuño de 2015

CLUB DE LECTURA : LENDO " LA TRIBUNA " DE EMILIA PARDO BAZÁN

Moitos son os trazos que confirman " La Tribuna " como-segundo moitos autores- a primeira novela naturalista da literatura española :
Cigarreiras. Pintura de Walter Gay
-  As  descricións detalladas ( produto dunha observación directa ) do ambiente e actividade das cigarreiras, así como das propias mozas, en especial de Amparo, a protagonista. Plenamente naturalista é a descrición do seu arrabaldo, sen omitir os detalles máis desagradables á hora de reflectir a súa extrema pobreza.
-  Abundante presenza de personaxes deformes ou con defectos psíquicos ou físicos: elefantiase, herpetismo.. Os hirmáns da gardiá: un é crofusoso, outro xordomudo. Salientamos en especial o carácter naturalista de personaxes como a vella Porcona e o retrasado Chinto, continuamente degradado a través de frecuentes  animalizacións: " Se Chinto non fose un animal", " ..mulo..",  " .. coma o trotar dunha acosada alimaña montés.. ".
-  As teorías darwinianas son acollidas plenamente polo Naturalismo, xa que ambos coinciden na súa visión do mundo. No capítulo XXX, Pardo Bazán cita expresamente a Darwin para mostrar o seu acordo coa lei de adaptación ao medio como medida de supervivencia.
O narrador omnisciente é outra característica propia dos movementos realista e naturalista. Nesta novela queda patente en numerosas ocasións; por exemplo, cando describe o que senten ao contemplarse Amparo e Baltasar.
-  O contexto histórico non é un simple telón de fondo, senón que forma parte do tecido da narración.
Os pronunciamentos, a revolución do 68 chamada " A gloriosa " que acaba co reinado de Isabel II e que van creando o caldo de cultivo propicio para a posterior chegada da República cuxos prolegómenos quedan fielmente retratados na novela. A Unión do Norte e a visita dos delegados de Cantabria, en cuxa asemblea participa activamente Amparo cun dos seus acendidos e apaixoados alegatos que enardecen o auditorio.
caricatura da época do reinado de Isabel II
Os sucesos de Valencia, reflectidos na obra de teatro representada.. A historia individual de cada personaxe forma parte deses acontecementos e viceversa, son todo a mesma cousa; vémolo no caso da protagonista e tamén no de Baltasar, que para distanciarse do seu " compromiso " con Amparo, acode a Navarra para participar na guerra carlista que daquela ten lugar. Á fin, como broche simbólico que xunta a vida persoal coa Historia con maiúsculas, o neno de Amparo nace o mesmo día en que é proclamada a República.
-  Os autores do Realismo e do Naturalismo defenden o papel da literatura como medio para mellorar a realidade a través da crítica social e política. Nesta novela, Pardo Bazán denuncia a precaria situación dos obreiros describindo a dureza e penurias do traballo na fábrica de tabacos: " A explotación do home polo home tomaba carácter despiadado e feroz, segundo adoita acontecer, cando se exerce de pobre a pobre ".
Tamén deixa caer algunha crítica cara á prensa pero, sobre todo, cara os abusos do poder dun goberno que priva aos seus cidadáns  do seu dereito máis irrenunciable, a liberdade: " .. poder misterioso, o Estado, co cal sen dúbida era ocioso loitar, un poder que esixía obediencia cega, que a todas partes chegaba e dominaba a todos ", di nunha das súas páxinas.
No prólogo, a propia autora nos fala de " unha finalidade didáctica " ou posible ensinanza da novela, aínda que non sexa iso, precisa, o que ela persegue: " os pobos non deben deixar a súa salvación nun réxime político que non coñecen e idealizan "
Fábrica de tabacos. A Coruña
Pero  " La Tribuna " é tamén un alegato de corte feminista, reperesentado na  personaxe de Amparo coa súa actitude totalmente libre, impensable nunha muller da súa época: liberdade tanto de acción como de expresión neses alegatos acesos onde amosa claramente o seu carácter indómito, rebelde e apaixoado consonte o que semella xa un tópico nos personaxes das cigarreiras ( lembremos a  " Carmen " de Merimée, convertida máis tarde en libreto operístico por Bizet ).
-  O autor realista, e Pardo Bazán  non é tampouco nisto unha excepción, amosa tamén na linguaxe ese afán de reflectir a realidade tal como é. Cada personaxe " fala " como lle corresponde de acordo coa súa procedencia, cultura, idade, extracción social.. Baltasar e a súa familia utilizan unha linguaxe culta e coidada fronte aos vulgarismos de Chinto ou as cigarreiras, que tamén introducen algunha expresión en galego, interferencias frecuentes nas zonas bilingües. Cómpre salientar así mesmo a notable riqueza de léxico pertencente aos campos semánticos con máis presenza na novela como o das cigarreiras, os barcos ou o mar.

  -  Malia que os autores realistas adoitan describir o seu entorno máis achegado, o que mellor coñecen, con frecuencia utilizan un topónimo ficticio para nomealo. É o caso de Clarín coa súa Vetusta na que facilmente recoñecemos a cidade de Oviedo. Tamén Pardo Bazán, nesta e noutras novelas, oculta A Coruña baixo o nome de Marineda. Nalgún parágrafo de " La Tribuna " cítase a Vilamorta; como sabemos, trátase do Carballiño,vila  á que dedica outra novela, "  El Cisne de Vilamorta ", novela que tal vez nun futuro poderá ser obxecto de lectura e comentario neste club.




Carmen Hernández Castejón . Profesora de Língua e Literatura Castelá. Coordinadora do Club de Lectura. IES Nº 1





                        


martes, 2 de xuño de 2015

NOVO PREMIO PARA NOVOS TALENTOS

Falamos con Esteban  Decabo  Nogueira  ( 2º de ESO ), gañador do primeiro premio da provincia de Ourense  na 7ª edición do concurso:  " Novos talentos: relato curto Cocacola  2015 ".
 
Esteban:  Como te decataches da convocatoria do concurso ?. Avisoume  Ana Lousado, a profesora de galego. A primeira fase xeral foi en marzo no IES das Lagoas para toda a provincia de Ourense e Monforte. Do centro do Carballiño nos presentamos catro alumnos.
                                                                        En  maio me notificaron que quedara finalista e a  entrega de premios foi en Baiona, onde recibín o primeiro premio da provincia de Ourense, quedando tamén entre os seis primeiros de toda Galicia.
 
Sobre qué temática versou a túa redacción ?.
O tema común foi a luz, xa que estamos no " Ano Internacional da Luz "´
 
Cóntanos algunha impresión do concurso.
Foi unha experiencia moi interesante, xa que se trata de impulsar ó galego que, sen dúbida, merece ser máis respetado e promocionado.
 
 
 Xa só nos queda dende aquí, darlle a Esteban as grazas e a noraboa polo importante premio
 

xoves, 21 de maio de 2015

O ROTEIRO POÉTICO DE MANUEL MARÍA

O  14  de  maio,  coincidindo case coa data da conmemoración das Letras  Galegas , celebramos o Roteiro Poético  no Carballiño : os rapaces e rapazas dos centros de ensino da vila, leron versos de   Manuel  María, poeta da Terra Chá pero moi vencellado por amistade ó Carballiño, de tal xeito que compuxo máis de trinta poemas, recollidos no seu libro: "  Cantigueiro de Orcellón "
 
O periplo  iniciouse no Balneario, lendo un poema sobre o Río Arenteiro, seguimos  pola Igrexa da Veracruz.
 
O  TEMPLO  DA  VERACRUZ.
 
Na vila do Carballiño
un bosco de pedra e luz,
nube, silencio, camiño:
¡ o templo da Vercruz !
 
Voltóuse a pedra oración,
arte prós tempos vindeiros:
¡ eiquí quedóu a canción
dos marteles dos canteiros ! ..
 
 
Seguimos a ruta  pola Praza Maior, Fonte do Concello, Fonte de Flores, onde se leron os poemas que Manuel María lle dedicou a todos  estes recunchos  do pobo, acompañados polas notas da guitarra dunha das profesoras que participaba  no  roteiro . Rematamos nun dos lugares máis emblemáticos do " vello Carballiño " :  A  Eira de Flores , onde se cantou o himno galego e se recitaron as derradeiras estrofas do poema : Canción da Eira de Flores:
 
Na  Eira de Flores
 
Eira de flores,xentil,
labradora e feirante,
engado puro e sotil
entre quedo e camiñante.
 
Tés o hórreo e o cruceiro,
unha rúa toda en costa,
moita xente no estranxeiro
e perguntas sin resposta.
 
Eira de Flores, amiga
da Fonte Municipal:
¡ cómo relembras a espiga
de louro trigo  candeal |
 
Dende aquí quero agradecer a todos os alumnos-as do IES Nº 1 que participaron no roteiro: Nerea Carreiro, Adrián López, Antía Expósito, Enma González, Ramón Pérez, Laura Pinal, Abril Ciociola e Esteban Decabo, a súa colabroación con andaina incluída.
Lembrar aquí tamén, e darlle as gracias  a  Eduardo Bernárdez da  Asociación Cultural Avantar, que é o auténtico impulsor e mantedor desta actividade.
 
 

mércores, 20 de maio de 2015

P E S A D E L O

DOENZA .
 
" A dor de estar doente ben vale o pracer de estar san. Cando un está maliño todos os agarimos da casa son para un e ademais ¡ ten tan doces soños o delirio !. Cando eu era pequeno sempre quixen estar doente para ser aloumiñado e delirar. Porque cando un está san ten soños de pesadelo con mortos e estomballadas, ou soños de conto con meigas e encantos, ou  soños de xogo, con nenos e páxaros. Mais cando se ten febre, óllanse cousas doutro mundo que non é o noso nin o dos mortos. Lémbrome de pequeno dormecéndome arroupado, acochadiño baixo o meigallo da dor; de súpeto, no mouro dos meus ollos, encomenzaba a choutar unha comba amarela, revirándose, devanadoira de lume; brincando, fervenza de fogo, pingando trebón aceso; deitándose en augas loiras, chovendo arreo, teimosa, paseniño, faíscas escintilantes e roxentas areas [...]
 
      " Quintana viva ".   Xosé  Filgueira  Valverde
 
 
 
Xosé Filgueira Valverde
Este ano o Día das Letras Galegas  adícase  á figura de : Xosé Filgueira Valverde que, polo caudal inxente e a importancia da súa obra foi unha das figuras centrais da vida cultural galega do século XX.
                     Historiador, escritor, erudito, Filgueira Valverde, naceu en Pontevedra no ano 1906. Cursou estudos de Dereito  na Universidade de Santiago e  Filosofía  e Letras  en Zaragoza. Foi Catedrático de Língua e Literatura en Barcelona, Lugo e Pontevedra, cidade na que finou en 1996 .  Comprometido dende moi novo coa cultura galega, a súa producción intelectual abrangue unha ampla variedae de temas relacionados, na súa meirande parte, coa investigación da historia e cultura de Galicia : música, pintura, lírica medieval, arte galega, etc.. .
Foi promotor e xestor do Museo Provincial de Pontevedra que, baixo a súa dirección convértese nun dos máis importantes no seu xénero.
A súa producción literaria  é moi extensa . Compre  subliñar :
 
Ensaio : "  Da épica na Galicia medieval "  ( 1941 ), " Historias de Compostela "  ( 1982 )  ou "  O  arquivo do Museo de Pontevedra e unha guía sucinta "  ( 1988).

Diccionarios :  " Vocabulario  popular galego-castelán "  con Lois Tobío, Xulián Magariños y Cordal Carús ( 1926 )

Narrativa :  " Os nenos " ilustrado en parte por Castelao  ( 1925 ),  "  O vígaro: ensaio simbólico, orixinal e inédito " ( 1927 ) ou  " Quintana viva "  ( 1971 )


venres, 15 de maio de 2015

CONCURSO DE PORTADAS

Segundo  Premio

Primeiro Premio


Terceiro  Premio


No  " Ano Internacional  da  Luz  e  das Novas  Tecnoloxías asociadas á Luz " a Vicedirección e a Aula de Plástica e Diseño do  IES Nº 1 organizaron un concurso para elexir a portada da revista : " Portátil ", publicación do Instituto que este ano acada a edición  trixésimo primeira . No blogue queda constancia e unha pequena mostra dos estupendos traballos que fixeron os alumnos-as de 4º de ESO.
A gañadora do primeiro premio foi: Lorena Carreira. No segundo premio produciuse un empate entre: Lorena Carreira e Andrea Fernández, mientras que o  terceiro premio acadouno:  Anabel dos Reis.
 
Noraboa para todas elas e para todos os alum@s que participaron no concurso!
 
 
 
 
 


mércores, 6 de maio de 2015

De Vilamorta a Carballiño ( Itinerario literario de El cisne de Vilamorta )

Emilia Pardo Bazán
En el siglo XIX, época del Realismo, los escritores quisieron "fotografiar " la sociedad del momento describiendo lugares, personas o hechos con todo detalle. Para ello, se documentan concienzudamente y retratan aquella sociedad y lugares que les son familiares.
Eso ocurrió con Emilia Pardo Bazán que se sirvió de su Coruña natal ( Marineda ) en La tribuna  ( 1883 ) y de O Carballiño en El cisne de Vilamorta ( 1884 ).
Emilia Pardo Bazán se había casado con José Quiroga, natural de Banga ( O Carballiño ) en 1868. Los Quiroga tienen una casa en Carballiño en la Plaza Mayor , que se conserva hoy, y varias posesiones en la zona, entre ellas el Gran Balneario de aguas termales y el pazo de Banga. Durante los veranos, el matrimonio pasaba temporadas en Carballiño y en la época de las vendimias, en el pazo de Banga.
 
Pazo de los Quiroga en Banga
 
EL CISNE DE VILAMORTA : Leocadia, la maestra de Vilamorta, ama apasionadamente al joven y apuesto Segundo ( el cisne ) al que recibe en su casa y de vez en cuando hace algún obsequio, ya que Segundo aunque estudió derecho , no trabaja. Leocadia tiene un hijo deficiente producto de una violación incestuosa de un tío con el que vivía en Ourense. Segundo aspira a conseguir una colocación en Madrid que le permita darse a conocer en el mundo literario de la capital. Llega a Vilamorta un político influyente ( don Victoriano ). Viene a curarse con las aguas del balneario. El poeta se enamora de la joven mujer del político ( Nieves ) y ella coquetea con él , pero el marido muere y la viuda marcha a Madrid sin querer saber nada de Segundo ...

Desde hace algunos años vengo realizando el itinerario literario de El cisne de Vilamorta con mis alumnos de 4º de ESO. No pretendo tomar la literatura como documento histórico fiable ya que mis propósitos son otros. Por un lado, evidentemente, el conocimiento de la obra y de la insigne escritora, pero por otro, no menos importante, aunar Literatura e Historia y que los alumnos aprecien ese pequeño patrimonio que sigue en pie, aunque a veces esté desfigurado por la mano del hombre  o el paso de los años. Así hemos localizado más de una docena de edificios construidos antes de 1883 y los estudiantes han realizado el perímetro de lo que sería Carballiño ( Vilamorta ) a finales del siglo XIX. Además, han visto dónde vivían las distintas clases sociales, por qué sitios paseaban ( calle del Recreo, hoy Rosalía de Castro ), en dónde estaban las tiendas (  calle del Comercio, hoy Tomás Mosquera ) , las dos farmacias ( Tomás Mosquera 2 y  bajos de la casa Quiroga ), en qué lugar paraba el coche de línea  que venía de Ourense ( entraba por la carretera de Ribadavia  y tenía la parada en la Plaza Mayor en donde se conservan algunos edificios de la época como el Concello o la casa de los Quiroga ) las ferias  ( Alameda, soportales de Rosalía de Castro y aledaños ), costumbres ( en las casas ricas se elaboraba el vino tostado para las visitas  importantes y fiestas ). Los alumnos reconocieron los fuegos artificiales de la noche anterior al día grande de las fiestas de septiembre, a los agüistas tomando las aguas sulfurosas o dándose un baño en unas pozas ( el edificio del Balneario es posterior, de 1900 ) o incluso acompañamos a los protagonistas, el poeta Segundo, Nieves y su marido don Victoriano, en sus paseos hacia el Puzo do Lago, el Pazo de Banga ( Las Vides en la novela ) o al río Arenteiro ( Aveiro )...


ITINERARIO DE LA NOVELA .
 
Haciendo el itinerario de la novela por las calles de Carballiño
Por algunos datos de la novela, el tiempo histórico en que se desarrolla la acción son los primeros años de la Restauración, 1876-78.
 
 
Comenzamos el itinerario por la plaza dedicada a Emilia Pardo Bazán, en donde hay un busto de la autora y una placa .

La primera alusión a Vilamorta, O Carballiño , la encontramos al comienzo de la novela:

casa construida por Perfectino Viéitez
" Realmente  Vilamorta es una colmena en miniatura, una villita modesta, cabeza de partido. No obstante, bañada por el resplandor del romántico satétite, no le falta a Vilamorta cierta grandiosidad como de población importante, debida a los nuevos edificios que, con arreglo al orden arquitectónico peculiar de las grilleras, levanta a toda prisa un americano gallego, recien venido con provisión de centenes ".
El texto anterior habla de un indiano que está construyendo edificios de varias alturas ( grilleras ). Se refiere a Perfectino Viéitez. En Carballiño promovió la construcción de varios edificios. El que se cita en el texto- y aparece en la imagen- está en el número 3 de la Plaza de los Hermanos Prieto ( antigua plaza de San Pedro ). Otro de los edificios construidos por Perfectino Viéitez está en la calle Rosalía de Castro, 8 ( en la época de Pardo Bazán esta calle se llamaba la del Recreo ).
Se hace notar a los alumnos que, estos pueden considerarse los primeros " rascacielos " de Carballiño, teniendo en cuenta que en la época la mayoría de los edificios tenían solo una planta.

Fonte pública do Concello

" No con menor recato atravesó la plaza del Consistorio, orgullo de Vilamorta, y en vez de unirse a los grupos de gente que gozaba el fresco sentada en los bancos de piedra  próximos a la fuente pública se escabulló por un callejón lateral, y cruzando retirada plazoletilla que sombreaba un álamo gigantesco, se dirigió a una casita medio oculta por el árbol ".

Visitamos ahora la fuente del concello aludida también en el texto cuando Segundo va a ver a su amada Leocadia. Anotamos el año de su construcción. También se hace notar a los alumnos que allí comienza  el barrio de Flores ( el más antiguo de Carballiño ) y donde vivía la gente más modesta : ya en la época de Pardo Bazán había  una clara división de los barrios en función de las clases sociales, a pesar de que Carballiño era una pequeña  " villita ".

Casa de los Quiroga: en su bajo se situaba la botica de doña Eufrasia

" Los centros de reunión más frecuentados eran dos boticas, la de doña Eufrasia, situada en la plaza, y la de Agonde, en la mejor calle. Agachada en el ángulo tenebroso de un soportal, la botica de doña Eufrasia  era lóbrega; la alumbraba a las horas del conciliábulo un quinqué de petroleo, con tufo, y hacían su mobiliario cuatro sillas mugrientas y un banco ".

A finales del s. XIX Carballiño tenía ya dos farmacias o boticas .
Por los datos que da la autora, podemos localizar perfectamente en dónde estaba la botica de doña Eufrasia : la casa , que todavía se conserva, está situada en la Plaza Mayor o del Concello y pertenecía al marido de Emilia Pardo Bazán : José Quiroga .

Concello de O Carballiño

" Entraba el coche de Orense  por la parte del soto, y al resonar sus cascabeles y campanillas, el trote de sus ocho mulas y jacos y el carranqueo de su pesada mole , los vecino de Vilamorta se colgaron de los balcones, se asomaron a los portales; sólo la botica reaccionaria permaneció cerrada y hostil ".
(...)  Estalló  la charanga, formada ante el ayuntamiento, en ensordecedor preludio y el primer cohete salió pitando, despidiendo chispas... Lanzose el grupo en masa hacia la portezuela para ofrecer la mano,el brazo, cualquier cosa . ( ...).

El coche de línea que viene de Ourense y trae a D. Victoriano y su mujer Nieves, tiene la parada en la Plaza Mayor, delante del consistorio. El Consistorio ( Concello ) se inauguró en 1862 en el solar en donde estaba la antigua sede. El edificio que aparece en el texto anterior es el mismo que conocemos hoy pero con un solo piso.

Gran Balneario de O Carballiño
" Durante las pesada siestas de Vilamorta, mientras los agüistas digerían sus vasos de agua mineral y compensaban la madrugona con un letargo reparador, los músicos aficionados de la banda popular ensayaban las piezas que pronto ejecutarían reunidos ".
( ... ) Era la misma hilera doble de olmos, alineada sobre el río, el espumante y retozón Aveiro , que se ecurría a borbotones, en cascaduelas mansas, con rumor gratísimo, besando las peñas gastadas y lisas por el roce de la corriente. ( ... ) ".

Las aguas minero medicinales de Carballiño fueron declaradas de " interés público " en 1816. El edificio del Balneario que conocemos hoy no existía cuando se escribió el libro ( es de 1900 ) pero comprobamos cómo el manantial ya era conocido en la época de doña Emilia , viniendo ya agüistas a la villa por esas fechas. El Gran Balneario era y es propiedad de la familia Quiroga.
El río Aveiro  se identifica con  el Arenteiro, nombre que la escritora formó a partir de los nombres Avia y Arenteiro.



Mª Mercedes Taboada Oterino.  Profesora de Língua e Literatura Castelá.  IES  Nª 1