xoves, 28 de novembro de 2013

25-N : DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Exposicións  no  IES
Poemas, cancións, comics e pequenos textos  elaborados por alumnos-as de 1º de ESO. E tamén, o que non podía faltar tratándose da Biblioteca,  recomendacións de libros que teñen como temática  a violencia de xénero:
" O Club da calceta "  de María Reimóndez,  " Mil soles espléndidos "  de Khaled  Hosseini, " 5x2=9. Diez miradas contra la violencia de género ". V.V.  A.A., " El diario azul de Carlota " de Gemma Lienas, " Lágrimas de sangre " de Jordi Sierra i Fabra.


" A cabeza de Medusa " de Marilar Aleixandre, " Cisnes salvajes " de Jung Chang, " El abanico de seda " de Lisa See. A exposición tamén se completou con distintos traballos que os alumnos-as de 1º de ESO, integrantes do Club de Lectura elaboraron para esta ocasión: comics, poemas e debuxos. Subliñar tamén que a emisora local de radio no Carballiño ( COPE ) grabou previamente á data do 25 de novembro pequenos fragmentos de textos que estes mesmos alumnos-as recitaron na biblioteca do centro e, que a partires do 25 de Novembro se difundiu por megafonía en distintas horas  na Praza Maior. O noso agradecemento a todo o alumnado de 1º e 2º de ESO, que participou en todas estas actividades

mércores, 27 de novembro de 2013

25-N : DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No Día Internacional  contra a Violencia de Xénero, rapazas e rapaces do IES  Nº 1 do Carballiño, foron convidados a participar xunto cos demais centros da vila a unha xuntanza na Praza Maior do Carballiño , dentro dos actos programados pola Concellalía de Igualdade e Benestar do Concello. Tratábase de ler pequenos fragmentos de poesías, frases, cancións , etc.. nos que se plasmase o noso rexeitamento ante esta auténtica traxedia que, por desgraza aínda non está erradicada. Do noso centro participaron seis rapazas e un rapaz.




Patricia  ( 2º ESO ) recitou un pequeno poema , e tamén unha frase de José  Martí :  " Os bárbaros que todo o fían á forza e a violencia, nada construen, porque a fría semente é de odio "





Sandra ( 2º de ESO ), recomendou o libro:  " El diario azul de Carlota "   de Gemma Lienas. No que a partires das testemuñas que Carlota vai recollendo da súa nai, aboa e a súa tia Octavia, a protagonista escribe un diario azul: fala de violencia escolar e de violencia infantil, que funcionan con mecanismos semellantes ós da violencia de xénero. Tamén aporta claves ou estratexias da faciana dun posible maltratador: un noivo que controla demasiado, ou que envía máis de 25 sms no recreo a súa noiva.


María Vázquez  recomendou o libro : " Mil soles espléndidos "
 de Khaled Hosseini.: conta a conmovedora historia de amizade  entre dúas mulleres afganas de orixes moi dispares: Mariam e Laila, cuios destiños se entrelazan por mor do azar e as convulsións que ven de sufrir Afganistán nos derradeiros trinta anos. As terribles circunstancias farán que as dúas protagonistas vaian forxando un vínculo invisible, que lles dará forzas para superar o medo, e dar cabida á esperanza.

Marian ( 2º  ESO ). Recitou un texto de Kofi  Annan:

                          "  A igualdade das mulleres debe ser un compoñente central en calquer intento por resolver os problemas sociais, políticos e económicos ".
E tamén o artigo 15 da Constitución Española : " Todos teñen dereito á vida e a integridade física e moral, sin que en ningún caso poidan ser sometidos a torturasnin a penas ou tratos inhumanos ou degradantes.




                               
María Millán  nos animou tamén á lectura do libro :  " O  Club da calceta " , de María Reimóndez , onde seis mulleres moi diferentes entre sí acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións, pero tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María reimóndez dálles voz a estas mulleres que dende as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega ou minusvalora.



Marta . Tamén comentou brevemente outro libro :  " O Inferno de Marta ", de Pascual Alapont. Neste libro se conta a historia de Marta, unha rapaza nova que non sabe que cando aceptou sair con aquel mozo, poñía literalmente un pé no inferno: a partir de entón sería tan doloroso penetrar coma tratar de escapar de alí. Esta novela está escrita ao xeito dun thriller, con psicópata incluido.
Complétase con : " A Máscara  do  amor  ",  un texto no cal o psicólogo e criminalista  Vicente Garrido  analiza os comportamentos de risco que calquera persoa moza debería ter en conta para evitar caer no maltrato físivo ou psicolóxico.




Manuel  ( 4º de ESO ), alumno do Conservatorio do Carballiño, e que forma parte da Banda de Música , interpretou con saxofón un pequeno fragmento musical : "  6º solo de concerto "  de J.B. Singelee









tivemos sorte co tempo




















mércores, 6 de novembro de 2013

Centenario de Albert Camus ( 1913-2013 )



El 7 de noviembre de 1913 nacía en Mondovi ( Argelia ) Albert Camus. Argelia era entonces una colonia francesa. Su familia vivía en condiciones de gran pobreza. Su padre murió poco después, en los primeros meses de la I Guerra Mundial ( 1914-18 ) y pronto se manifestó la tuberculosis en sus pulmones, como una sombra amenazante que no lo abandonaría. En 1957 Albert Camus sería galardonado con el Premio Nóbel de Literatura. Murió en 1960 en un extraño accidente de tráfico. Sus restos reposan en el cementerio de Lourmarin  (Provence ).


Huérfano de padre, pobre y enfermo, Camus necesitó alguna ayuda para escalar la montaña de la vida. Y la tuvo. Su madre, sorda y analfabeta, fue para él un ejemplo de sencillez y tesón. El maestro Louis Germain le enseñó el valor de la cultura como medio para salir de la miseria. Camus puso el resto: inteligencia, pasión y rebeldía. De este modo se forjó una de las personalidades más complejas e interesantes del siglo XX en Europa.

Camus es autor de una obra amplia, traducida a muchos idiomas. Escribió varias novelas admirables como  El Extranjero  y  La peste ; también algunas obras de teatro que siguen representándose en los teatros de todo el mundo:  Calígula, Los justos, El malentendido.


Nos dejó ensayos notables como El hombre rebelde. Tiene también una obra periodística de gran calidad. El teatro le apasionaba y puso en escena muchas obras, suyas y de otros autores.

Fue un gran escritor pero también un intelectual que participó en los grandes debates políticos que se produjeron en Europa en las décadas centrales del siglo XX: el fascismo, el estalinismo, la guerra fría, la descolonización. En todos ellos puso Camus razón y pasión, criticando la violencia política, denunciando los regímenes no democráticos y defendiendo la libertad y la justicia. No siempre tuvo éxito...


Se cumplen cien años del nacimiento de Albert Camus. Si tuviéramos que recomendar una obra suya sería sin duda  El primer hombre. Se trata de un relato autobiográfico que quedó  inconcluso, pues el escritor trabajaba en él cuando muere en 1960. Aun así es un texto de gran calidad humana y artística. En él Camus dedica palabras muy sentidas a su madre y a su maestro, que tanto le ayudaron. Y lo hace con una prosa sencilla, sincera y de gran brillantez. Hay que leer este libro. Hay que leer a Camus.



Carlos  Fernández  Pérez.  Profesor de Arte, Xeografía e Historia.  IES  Nº  1

mércores, 9 de outubro de 2013

C L U B D E L E C T U R A

El  Asesinato  de  la  Profesora  de  Lengua.

O  Grupo de 1º  de  ESO  A, anda estes dias  a voltas  coa lectura do libro,: El Asesinato de la Profesora de Lengua . Todo un clásico, xa que este libro, é algo máis que un relato.

É unha  Guía Literaria.

Tamén  unha revista de pasatempos.

..  e  un manual divertido de Língua

martes, 8 de outubro de 2013

Club de Lectura



DIARIO  DEL  AUTOBÚS  DE  LA  LÍNEA  3

Un novo curso, e novos grupos dos Clubs le Lectura. Neste caso, o grupo de rapaces e rapazas de 1º de ESO B, xa teñen nas súas mans este libro de Juan Mari Montes e ilustracións de Irene Fra.

É a historia dun rapaz de doce anos que, dende hai pouco xa lle deixan coller o autobús solo para ir ó colexio.

Y é precisamente, nese autobús onde o neno vai escribindo un diario con todas as cousas que lle ocorren de cotío: no colexio, na casa. As veces lembra, outras soña, etcc...


mércores, 2 de outubro de 2013

COÑECENDO A BIBLIOTECA : A VISITA GUIADA

Como todos os anos por estas datas, os alumnos-as de 1º de ESO visitan a Biblioteca. É unha primeira toma de contacto, aínda que moitos deles xa a coñecen, porque dende fai varios anos o IES Nº 1 ten unha xornada de portas abertas  no mes de maio para todo o alumnado que nese momento cursan 6º de primaria

Visitaron as duas salas e, quedaron un pouco abraiados da cantidade de libros e outros documentos que contén a Biblioteca.


A encargada da Biblioteca explicoulle  todos os servizos con que contamos: préstamo de libros e DVd´s, acceso a Internet, revistas e xornais, libros  para pais/nais , Clubs de lectura, Mochilas Viaxeiras, etc..así como normas de usuarios.



Cando rematamos, fixemos unhas fotos para a posteridade, das que vos deixamos unha pequena mostra no blogue e, que tamén poñeremos nos taboleiros da  Biblioteca.

martes, 2 de xullo de 2013

PECHADO POR VACACIÓNS

Este  curso rematou para todos, máis houbo quen tivo un agasallo ou máis, pola súa participación en actividades ao longo de todo o ano. É un premio ao esforzo e o traballo " extra " de moitos rapaces e rapazas dos distintos centros educativos da vila. Se ben é certo que elexín como título "  Pechado por vacacións ", tamén se podería titular  : " O esforzo ten premio ".  Porque , precisamente o que se premiou con esta derradeira actividade, é isto: rapaces e rapazas que, ao longo do curso que agora remata " sacrificaron "  parte das súas horas de lecer para ler libros do Club de lectura, aínda que me consta que para todos eles, a lectura, non é ningún sacrificio. Ou que  unha vez á semana acodían voluntariamente á Biblioteca para comentar os libros que estaban lendo, que entraban no biblog  e nos deixaban -a través dos comentarios- as súas impresións. É dicir, rapaces e rapazas entusiastas e participativos - sempre dispostos a acodir ós distintos actos que se celebraron non só dentro do IES, senón tamén fóra do mesmo .


Quero agradecer aquí a colaboración de todos os rapaces-as integrados nos Clubs de lectura e tamén no Equipo de Biblioteca, por contribuir á  visibilización da Biblioteca fóra do ámbito estrictamente educativo, xa que non só leron libros ou dinamizaron o blogue da biblioteca, senón que participaron activamente en actos promovidos conxuntamente polos distintos centros educativos e o Concello do Carballiño e que se desnvolveron na Praza Maior .


Por eso, o Concello, a través da Concellalía de Benestar Social e Igualdade decidiu premialos cunha estancia nun centro de actividades lúdicas e deportivas, que se atopa na localidade de Laias . Alí acodimos nun autobús posto tamén polo Concello, con moi bó ánimo e con gañas de pasalo ben. O certo é que o tempo acompañou, e tamén a incomparable paisaxe da ribeira do Miño, onde se desenvolveron as actividades.
Agardamos que, para o ano podamos continuar con todas estas boas experiencias.. e mesmo melloralas.
Pode que esta sexa a derradeira entrada no blogue ata setembro, aínda que nunca se sabe. De todos os xeitos, felices vacacións para todos-as. Vémonos  pronto!.

xoves, 20 de xuño de 2013

IRENE NÉMIROVSKY : EL CASO KURÍLOV

Irene  Némirovsky
Se algo destaca na mestría literaria de Irene  Némirovsky é, sen dúbida, a asombrosa capacidade para desentrañar os matices máis profundos da complexidade do ser humano, a través dunha prosa en extremo sinxela, desprovista de todo adorno superfluo e mesmo diría que descarnada.
Os seus personaxes foxen da cómoda simplicidade maniqueísta, rebélanse contra a doada clasificación e amosan sen pudor as perversidades e nobrezas, luces e miserias, as contradicións de calquera ser humano.
León M., revolucionario bolxevique, recibe o encargo, por parte da cúpula do partido, de asasinar a Kurílov, ministro de Instrución Pública do tsar Nicolás II, famoso polo seu temperamento cruel e sanguinario. León M. consegue infiltrarse na casa do ministro a través dunha identidade falsa para atendelo na grave enfermidade que padece.
O proceso de humanización de Kurílov á vista de León M. é simultáneo ao deste aos ollos do lector, que vai percibindo como na mente do potencial terrorista do comezo van xurdindo as dúbidas na medida que coñece á súa  " vítima " na intimidade familiar do seu fogar. Ao mesmo tempo, medra unha corrente de simpatía, comprensión e, mesmo, afecto entre os dous homes.
Son múltiples as ocasións nas que o personaxe de León M. expresa os seus sentimentos encontrados cara a Kurílov :

"[...] engadiu o cachalote [...] que me irritaba e me conmovería por igual. ( páx. 120 ).

"[...] a Kurílov comprendino, desprecieino e compadecino" ( páx.153 )

"[...] interesante e irritante " ( páx. 149 ).

Malia o odio inicial, que queda patente na sensación que lle produce a primeira vez que o ve, León M. é quen de ir expresando aspectos da súa personalidade, como o sentimento de amor cara á súa muller e o seu fillo; parécelle sincero cando afirma que ten unha  " misión que cumprir " . Recoñécelle certas virtudes: "[...] eu coñecía a súa innata e serea valentía " ( páx. 139 ); e mesmo admite estar en débeda con él : "[...] creo que se máis tarde souben dar algúns bos consellos aos donos da situación e axudalos a gobernar o seu barco [...] débollo en boa medida a Kurílov. O meu vello amigo  aprendeume moitos máis e dun xeito moi distinto do que imaxinaba ". ( páx. 136 ).

Non obstante, os sentimentos nunca son lineales e as dúbidas e o odio fluctúan e emerxen en determinados momentos: "[...] de súpeto, experimentei odio auténtico. [...] Nese intre espetaríalle un tiro de revólver en pleno rostro con total satisfacción ". ( páx. 130 ).
Hai que engadir que esa complexidade na caracterización de personaxes non é exclusiva dos protagonistas. Aos secundarios dedícalles a autora a mesma atención, conseguindo personaxes con " carne " e non meros acompañantes ou contrapunto dos protagonistas. Eles tamén teñen as súas propias contradicións, non son " dunha peza ". Fanny, a compañeira de León M., plenamente convencida, en apariencia, da súa misión terrorista, dura e inflexible á  hora de matar, chora amargamente logo do atentado. Marguerite, a esposa de Kurílov, é capaz dun sentimento profundo de amor cara o seu marido- algo que conmove a León M.( páx. 104 )- que trascende a frivolidade e o materialismo como trazos, en apariencia, máis marcados na súa personalidade..

A xeito de conclusión, lembremos que moitas son as obras da literatura e o cine que nos recordan que, como sucede na vida, non existe ninguén ( nin case nada ) absolutamente bo nin radicalmente reprobable. Que cómpre deterse, alomenos un intre, antes de condear ou enxalzar de maneira definitiva e radical. Neste momento vénme á cabeza unha película que, aínda que situada noutra circunstancia histórica, suxire a mesma idea que a novela de Némirovsky, tamén de forma maxistral;  trátase dun film alemán titulado
" A vida dos outros ". Permítome recomendalo aquí pola súa, na miña opinión,  calidade cinematográfica e como complemento á novela coa que acabamos de gozar.


               
Mª Carmen Hernández Castejón.  Profesora de Língua Española e Literatura.  IES  Nº 1

OS LECTOR@S RECOMENDAN


mércores, 19 de xuño de 2013

TEMPO DE VERÁN, TEMPO DE LECTURA

Achégase o verán, as vacacións, e, tamén un tempo moi bó para ler xa sin os apuros e os agobios das lecturas que facemos durante o curso. Dende a  Biblioteca , vos propoñemos algúns títulos, aínda que é moito o que se pode ler.


"  A  Malvada  Mª  Xosé  ".  Miguel  Vázquez  Freire. A historia de Mª Xosé, unha rapaza de 14 anos que vive e estudia na Coruña, pesa  uns cantos quilos de máis e é moi intelixente. Na súa clase está Viri, outra rapaza moi afeccionada ás novelas de misterio e que monta unha " panda " con nenos e nenas da súa clase. Mª Xosé decide gastarlles unha broma, e a cousa vaise complicando un chisco, iniciando así unha complexa aventura na que non falla  a espionaxe de sistemas informáticos, ou a intervención da policia..

"  Tiempo de Palabras en Voz Baja ".

de Anne.Lise Grobéty.

O protagonista da historia e seu mellor amigo Oscar viven nunha pequena cidade alemana nos momentos previos ó auxe do nazismo. Os pais de ambolosdous tamén son moi amigos, compartindo a súa paixón pola poesía. Pero pouco a pouco, nesta pequena vila, as relación entre os veciños se van transformando: xa non se miran ós ollos, nin se falan como antes: hai que medir as palabras e a vida cotiá faise imposible.

"  A   Illa  do  Tesouro   ".

Robert Louis Stevenson.

Un clasico da literatura universal: representa a novela de aventuras en estado puro, na cal  a procura mítica dun tesouro actúa como móbil para a fuxida cara escenarios exóticos onde a liberdade é posible.


"  Donde   los  árboles   cantan  ".

Laura  Gallego.

A través das páxinas deste libro descubrimos Nortia, un mundo fantástico de cabaleiros medievais, e poderemos revivir a vida nos castelos, as fazañas dos heroes, as festas, as feiras... pero tamén a guerra e o desacougo. Os personaxes son máxicos e, a través do Gran Bosque, aprendemos a apreciar a riqueza da natureza.
                                                                          É  tamén nha historia fantástica e de amores imposibles


"  Memorias  dun  Neno  Labrego "

Xosé  Neira  Vilas.

É un dos libros máis lidos da literatura galega, e xa un clásico.
A historia de Balbino, un neno do rural galego na década dos coarenta.
A pobreza, as súas inquedanzas, a emigración, as súas aventuras..
Todo a través dos ollos do pequeno Balbino.




"  Horario  de  Clase  ".

Christine  Nöstlinger.

Anika ten problemas na casa, na escola, e cos cartos, pero tamén cos seus amigos, co seu pelo, cos anos. Gústalle Wolgang, pero éste non lle fai moito caso. Arredor deles hai moita máis xente: pais, profesores, compañeiros de clase, camareiros. Un castigo de clase colectivo provoca a convocatoria dunha folga no instituto : será unha boa ocasión para saber de verdade  o que quere, e de que vai cada un.


"  Palabras  de  Auga  ".

Marcos  Calveiro .

A situación da poboación que vive no Sahel africano. A língua suahiili, unha das máis empregadas en África. Os antigos guerreiros massai. A condición  de escravismo na que viven moitos nenos e nenas no continente africano, extraendo por exemplo, o coltán ( material empregado nas baterías dos móbiles ), ou o reclutamento forzoso de nenos para participar nas " guerrillas " locais.
De todas estas cousas nos fala o libro de M. Calveiro.

                              "  Fantasmas  de  Luz  ".

Agustín  Fernández  Paz.

A  vida de Damián e outros empregados da sala do cine cambia de repente cando reciben a nova de que o local vai pechar. Dun xeito progresivo, os seus corpos comenzan a se volver trnsparentes e invisibles aos ollos das persoas que viven ao seu redor.
Esta obra de Fernández Paz, fálanos de exclusión e invisibilidade, pero tamén é unha homenaxe ao cine, e as vellas salas que van esmorecendo e desaparecendo.



"  El  caso  Kurílov  ".

Irene  Némirovsky.

En 1903, León M. revolucionario bolchevique, recibe o encargo de executar a Valerian Alexándrovich Kurílov, ministro da instrucción pública do zar Nicolás II. Un atentado que os líderes do partido agardan converter nun golpe definitivo ó réximen imperial. Baixo identidade falsa, o xoven León consegue entrar no servizo do ministro, un home temido pola súa crueldade, pero que, debido a unha enfermidade terminal ten os días contados..





"  La  Tierra  Silenciada  ".

Graham  Joyce.

Unha parella ( Jackie e Zoe ), quedan atrapados nun alude mentras están esquiando. Conseguen sair e volven ó hotel onde se aloxan para esquecer o desagradable episodio. Pero a partir de ahí, empezan a pasar extranos sucesos: non  hai liñas de teléfono, desaparecen todos os hóspedes. Intentan fuxir.. máis todos os camiños os volven a levar ao punto de partida.
Todo semella detido e silencioso..


 "  Madame  Bovary  "

Gustave  Flaubert.

Unha das obras maestras da literatura de todos os tempos.
As inquedanzas e dasacougos de Emma  Rouault, que casa cun médico-Charles Bovary- dunha pequena vila provinciana, e pouco a pouco os seus sonos de levar unha vida elegante e distinguida vanse esmorecendo.
Mellor nos seguir contando, e ler ou reler as vicisitudes de Emma Bovary, coa que tantas mulleres da súa época ( mediados do s. XIX ) se identificaron.



                             "  Unha  historia  que non  vou  contar  "              

                                                  Simón  Cid  Cabido.

A partir dun suceso real que conmocionou Vigo a principios dos anos 70, a novela arrastra con voracidade ao lector por unhas páxinas ateigadas de intriga, humor, orixinalidade e constantes referencias cinematográficas que conforman o particular universo literario de Cid Cabido, un dos mellores contadores de historias da actual narrativa galega.




"  Ardalén  ".

Miguelanxo  Prado


 Historia sobre a memoria e as lembranzas dende unha perspectiva ampla.
Unha obra moi rica, chea de matices e fermosísima, tanto a nivel gráfico como no seu relato.

mércores, 12 de xuño de 2013

PORTÁTIL: A REVISTA DO IES Nº 1

Xa é unha tradición no IES nº 1 a publicación da revista PORTÁTIL, Este ano adica a súa portada a  Roberto Vidal Bolaño e tamén un artigo no interior. A revista vense publicando dende hai 30 anos no centro dun xeito anual . É  importante porque nela escriben fundamentalmente os alumnos/as. Este ano algúns dos artigos veñen asinados por integrantes dos Clubs de lectura e tamén do Equipo de Biblioteca. Polo que respecta á temática, hai de todo un pouco: nalgún se nos explica por qué se celebra  " o día da nai ". Outros versan sobre " Unha viaxe a Lugo ", ou nos propoñen: " Un itinerario de interese xeolóxico e medioambiental polas serras da dorsal galega: Testeiro, Suido, Faro de Avión..".No artigo: " A chegada do polbo a Oseira " nos explican  como é posible que os pulpos do mar de Marín remataran 100 Km. mar adentro, perto do mosteiro de Oseira. " A lenda de Aventura "  é o título do  libro que está escribindo un alumno de 3º de ESO, cuio primeiro capítulo aparece tamén na revista. Hai tamén espazo para a crítica literaria, musical, pasatempos, etc.., sen esquecernos das fotos das viaxes a Grecia dos alumnos-as de Cultura Clásica e, para rematar , o que xa é unha vella tradición da revista: unha reportaxe con todos os grupos ( ESO e Bacharelato ) do Centro.

domingo, 26 de maio de 2013

A LENDA DE AVENTURA


A lenda de
AVENTURA
Por: Manuel Vázquez Augusto, 3º ESO 
______________________________________________________________________

Sinopse

     Michael, un rapaz de trece anos, volve do instituto para pasar unhas tranquilas e alegres vacacións de Nadal coa súa familia, sen embargo un acontecemento fará que toda a súa vida de un xiro brusco e que se vexa inmerso nunha aventura que el nin se atrevera a imaxinar, co obxectivo de salvar un mundo, Aventura, para el descoñecido, e co que sen embargo ten máis relación da que pensa. El e máis dous personaxes (Santran, cabaleiro de Aventura, e Aureo, mago de Aventura residente na Terra, alcumado “o curandeiro”) intentaran deter os malvados plans de Anatármea, Princesa das Sombras, consistentes en liberar á súa raza e conseguir o control sobre Aventura.





    
     Comecei a escribir este libro en setembro, guiado polos primeiros libros de fantasía que me uniran ao xénero, e fun desenrolando a historia co paso do curso ata chegar ás 140 páxinas escritas. Aquí poño o primeiro capítulo deste libro sen rematar do que espero sacar algo en bo (aínda que sexa mínimo). Espero que vos guste e (no hipotético caso de que o publique) a lelo posteriormente cando estea rematado.





 Capítulo: 1
Lume

     A nosa historia comezo o día 21 de decembro do ano 20... en Santiago de Compostela, cando os rapaces volvían para as casas ao saír do instituto para comezar as vacacións de Nadal. Ímonos centrar nun rapaz en concreto chamado Michael, que vivía nunha granxa nas aforas da cidade. Era un rapaz de cabelo dourado e ollos marróns, con 13 anos recén cumpridos de idade, delgado e cunha estatura de metro 65. Non tiña amigos, xa que non era de xuntarse coa xente e era tranquilo e pacífico. Coma sempre ía coller o autobús e parar nas aforas da cidade onde se metería por un camiño que atravesa o bosque e que vai dar á súa casa. Baixou na última parada do autobús e colleu o camiño.

     Durante toda a semana unha néboa espesa cubrira o bosque reducindo a visibilidade a pouco máis da punta do nariz. Pero Michael xa sabía o camiño de memoria e non facía falta que tivera que mirar moi lonxe. Cando ía pola metade do camiño comezou a chover a cántaros e, por desgracia, Michael deixara o paraugas na casa. Entón, un calafrío percorreulle todo o corpo. Como siga así vou coller un catarro, pensou para si.

   Ao estar case na saída do bosque, notou unha luz morada que viña do final do camiño. Achegouse e, repentinamente, a néboa desapareceu deixando a vista o que pasaba: a casa de Michael estaba ardendo. Pero non dunha maneira normal. Da casa saían lapas moradas e, por moito que chovía, o lume seguía medrando. Michael quedou petrificado e mirou horrorizado como a súa casa era consumida por un lume morado. Cando volveu a realidade, veu unha silueta negra que estaba máis cerca do lume pero a unha distancia prudencial. Cando se dispoñía a chamar as emerxencias polo móbil, a silueta mirouno e dos seus ollos saíu un resplandor morado. A silueta correu ata Michael e este botou a correr pero, antes de que se dera de conta, a silueta xa se encontraba diante del. Michael intentou volver a correr e decatouse de que estaba paralizado e a silueta mirábao fixamente. Michael perdeu o sentido.

    
     Cando espertou non sabía nin canto tempo levaba durmido nin onde estaba. Abriu os ollos e o primeiro que veu foi unha cúpula de cristal enriba del. Levantouse á presa e buscou unha porta coa mirada pero non encontrou nada. Estaba nunha sala grande e baleira, có chan de pedra e unha cúpula que acababa nunha especie de antena cunha luz ao final. Confuso, púxose a dar golpes contra a cúpula de cristal. Uns minutos despois, escoitouse un ruído mecánico que viña do chan e unhas escaleiras apareceron no chan. Escoitáronse uns pasos e das escaleiras apareceu un home alto que non pasaría dos 30 anos e que ía vestido cunha roupa marrón que tiña un aire medieval e un debuxo na parte do tronco formado por un rombo granate cunha estrela de catro puntas amarela no centro unida aos vértices por catro triángulos marróns (un por punta).

     Levaba pantalóns tamén marróns pero máis escuros, calzaba unha botas de coiro e no lombo levaba unha capa branca co mesmo debuxo e debaixo desta colgaba unha vaíña baleira bastante grande que seguramente servía para levar unha espada.  Levaba un anel na man dereita de ouro cun cristal semiesférico marrón na punta. Tiña o pelo negro e liso que lle chegaba case a altura dos ombreiros.
     Achegouse a Michael cunha expresión indiferente e díxolle.
     _Sígueme.
     _A onde? Quen es ti? Onde estou? Como cheguei aquí? Por qué...?_dixo Michael alarmado
     _Silencio! Esas preguntas serán respondidas a súa hora!_ordenoulle o home.
     _Pero... _replicou Michael, pero non seguiu porque o home mandáralle unha mirada que lle puxo os pelos de punta.

     Metéronse nas escaleiras e estas baixaron soas 9 ou 10 pisos. Cando parou, unha comporta subiu dando a entrada a un largo corredor con decenas de portas aos lados e unha enorme ao final. Cruzaron o corredor ata a porta do final na que se escoitaba a xente discutindo. O home deu tres sonoros golpes na porta e as discusións pararon de golpe.
     _Pon esto._díxolle o home a Michael ofrecéndolle un colar cun prisma na punta.
     _Quen vai?_preguntou unha voz ronca do outro lado da porta.
     _Santran de Rocálea!

     Escoitouse un golpe forte e as portas abríronse soas deixando ver unha sala circular cun trono ao final onde estaba sentado un ancián vestido cunha túnica branca e amarela co mesmo debuxo que tiña o home que foi recoller a Michael pero dos cores da túnica e con outras letras nas que poñía algo así: “LUZ”.  O home portaba un cetro cun cristal transparente con forma prismática na punta e o bastón de ouro tallado cunhas figuras que Michael non distinguía desde tan lonxe. Aos lados do ancián había dúas mesas longas (unha a cada lado) perpendiculares a porta principal e con cinco asentos cada unha. A dereita estaban sentados 5 homes con roupas similares ás do ancián e a esquerda estaban sentados 4 homes con roupas similares as do tal Santran e un asento baleiro (seguramente o de Santran). O chan da sala era de mármore e no centro había un pentágono cunha estrela pitagórica dentro. Cada punta da estrela tiña unha cor: verde, vermella, azul claro, azul escuro, marrón e ,o centro, amarelo. Cada parte da estrela parecía estar feita de cristal xa que víase un pouco o que tiñan debaixo.
     _Así que este e o rapaz..._dixo o ancián con autoridade. Michael ía engadir algo, pero Santran púxolle a man diante para que calara.
     _Cando cheguei estaba diante dunha casa ardendo e alguén estáballe explorando a mente.
     _Pero ese non é motivo para traelo aquí!!_dixo o ancián case berrando.
     _Pero a casa estaba ardendo... mentres chovía a mares cuberta dun lume violeta.

     Cando dixo esto de todas as gargantas saíu unha exclamación de terror seguida por un silencio sepulcral.
     _Pero... iso non é posible_dixo un home cunha túnica vermella_ese tipo de lume solo o poden facer...

     De repente todos puxeron un xesto sombrío e durante uns segundos, ninguén dixo nada.
     _Temos que avisar ao Consello dos Deuses desto_dixo por fin o ancián_e de momento o rapaz vivirá aquí ata que lle encontremos solución.

     Santran asentiu e guiou a Michael fóra da sala. Cando saíron volveron as discusión pero, esta vez, máis forte. Michael seguiu a Santran ata as escaleiras, subiron 4 pisos e foron por varios corredores ata que Santran abriulle unha porta a Michael.
     _Esta vai ser a túa habitación durante un tempo_engadiu Santran_.Non podes saír dela a non ser que se cho permita.
     _Logo esto é un cárcere_protestou Michael.

     Michael só obtivo silencio como resposta. Enfadado, entrou na habitación. Era moito máis pequena ca sala onde aparecera, tiña unha cama individual, un armario, uns estantes con 2 libros, unha especie de pupitre, algunhas flores e unha ventá cerrada do tamaño dun maletín ao fondo. Deitouse na cama e mirou o reloxo que marcaba o mediodía, o cal lle pareceu raro xa que unha hora antes, cando estaba na sala da cúpula era de noite. Para non aburrirse púxose a mirar os libros dos estantes, pero logo descubriu que non lle ían valer de moito porque non se entendía nada do que poñía. No primeiro que colleu o título poñía “aveftura” en letras de ouro e tiña o mesmo signo que a sala onde Santran levara a Michael tiña no centro. Por dentro era da mesma maneira, todo símbolos e garabatos que Michael non entendía. Rendeuse, zapateou o libro para o chan, deitouse e deixou que pasase o tempo tratando de asimilar o que lle acababa de pasar.

mércores, 22 de maio de 2013

.. E TAMÉN TEMOS " NOV@S " CIENTÍFIC@S

Seis alumnos/as do IES  nº 1 foron seleccionados/as para participar na  4ª Edición dos Campus Científicos de verán organizados pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte co apoio da Obra Social " La Caixa ". Rapaces e rapazas de 4º de ESO e 1º de Bacharelato ( 6 ), poderán participar durante sete días en proxectos científicos deseñados por profesores universitarios e desenvolvidos en Departamentos de investigación de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional. Levaranse a cabo entre os días 30 de xuño e 27 de xullo de 2013.

Erik Bernárdez Doval, participará no Campus Euskampus, da Univ. do País Vasco, no proxecto " Física de alta voltaxe, faiscas, raios e pelos de punta ". Carlos Manuel Corral Casas formará parte do proxecto  " Descubrindo o universo ", que se desenvolverá no Campus Atlántico Tricontinental da Univ. das Palmas de Gran Canaria.

O proxecto " Coñecemento e TIC, entre todos construimos o futuro ", que terá lugar no Campus Bio TIC na Univ. de Granada será o destino escollido por Tania Bugallo Prieto.
Laura Fennan Teira elexiu o proxecto " Gabinete de Física ", que se levará a cabo no Campus Studii Salamantini da Univ. de Salamanca. Marcos González Martínez participará no proxecto " Buscando as partículas máis enerxéticas do universo " inscrito no Campus Vida da Univ. de Santiago de Compostela. E finalmente Jesús Soto Filloy participará no Campus VL C da Univ.Politécnica de Valencia no proxecto " Matemáticas, criptografía e códigos : como usar as matemáticas para entendernos ".

Outros seis alumnos/as do IES quedaron en reserva.

Os Campus Científicos teñen como obxectivo potenciar o interese dos estudiantes pola ciencia, a tecnoloxía e a innovación, ofrecendolles a oportunidade de contactar co labor investigador nun ambiente universitario e multicultural, que os axudará a definir a súa proxección futura de estudos. Ademais poderán disfrutar de actividades complementarias científico-culturais e de lecer. A organización cubrirá os gastos de aloxamento e manutención dos participantes.


NEIRA VILAS NO IES Nº 1

A mañá do martes  7  de maio  foi unha mañá especial no IES Nº 1 do Carballiño. Este día recibimos a visita dun dos máis afamados escritores da literatura galega contemporánea. Visitou o noso centro o escritor Xosé Neira Vilas. A súa chegada produciuse ás 11:30 e nada máis chegar asinou libros a alumnos e profesores ( dous para a Biblioteca ), saudando a todos os asistentes e lembrando as amizades que ten na vila do Arenteiro, froito de visitas anteriores.


O acto estivo organizado pola Asociación Cultural Avantar en colaboración co  IES Nº 1 . Estiveron acompañando ao escritor  Eduardo Bernárdez, representante da citada asociación, e representantes da asociación de libreiros da vila. A conferencia tivo lugar no Salón de Actos do centro e contou coa asistencia de numerosos alumnos que plantearon as súas cuestións ao escritor. Neira Vilas  lembrou ao homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas, Roberto Vidal Bolaño, falou da literatura no exilio e das relacións que mantivo en Bos Aires e Cuba cos intelectuales galegos exiliados. Preguntado polos novos proxectos que tiña en marcha, o escritor falou dos dous libros que está escribindo: o primeiro trata sobre a figura de Francisco Fernández del Riego e o segundo recolle as súas vivencias durante a súa estancia en Cuba nun período de 30 anos. Á pregunta de cales eran os seus libros favoritos, o escritor recoñeceu que  Memorias dun neno labrego, a súa obra máis emblemática, era un deles xunto con outra obra súa, Querido Tomás . Rematou lembrándolles aos rapaces o importante que era a lectura e asinándolles exemplares das súas obras.
Ao final do acto tivemos a sensación de que o tempo pasado con el soubera a pouco.


Consuelo González Álvarez. Profesora do Departamento de Língua e Literatura Galega.  IES Nº 1

xoves, 16 de maio de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Este ano o  Día  das  Letras  Galegas, adícase á figura de  Roberto  Vidal  Bolaño, actor, ensaísta, dramaturgo,  e guionista. A súa actividade creativa  abarcou non só o teatro senon tamén guións para cine , tv, e mesmo ensaio. . Dende o IES nº 1 queremos renderlle unha pequena homenaxe cun anaquiño dun texto pertencente a obra: Integral : 

Camareira: " A primeira vez que entrei neste local díxenme que algún día aquí dentro faríase o que eu dixese. Non puiden facelo como actriz, pero si como xefa. Son moitas as funcións que un ten e que non todo o mundo coñece. Cando un número considerable de representacións cansou xa os artistas, todos os servizos secundarios reséntense tamén da fatiga. O trono acatarra, as pistolas dan falla, os lóstregos non resplandecen, o director descúlpase cos axudantes, éstes, cos mozos de accesorios. É unha cadea. Nun baile de bichos, que formaba parte dos efectos de maxia dun espectáculo representado moitas veces, dous grandes escaravellos, cansos xa dunha danza a que asistiron tantas veces, despoxáronse das súas cunchas, sentáronse comodamente ao abrigo dos compañeiros e mataron o tempo xogando unha partida de naipes.."

O CARBALLIÑO : UNHA CUESTIÓN DE FONDO

Muiño  das  Lousas

Balneario

A Biblioteca segue a incrementar o seu  Fondo de Documentación  Local, con novas adquisicións. Entre outras: " As feiras do Rizo " en edición de Xosé Enrique Acuña e Xosé Luis Cabo. "Ramón  Godás , fotógrafo e impresor " de Xosé Manuel Rodríguez.







A nosa idea é facer unha exposición con todos os materiais que temos e que fan referencia ó noso pobo: dende monografías que teñen como protagonistas ó pulpo e ás pulpeiras, de A. Fidalgo Santamariña.

Templo  Vera Cruz



Non podería fallar o noso 
Templo Vera  Cruz

pequeno homenaxe ó que con toda probabilidade é o máis senlleiro de todos os nosos monumentos: O  santuario ou templo da Vera- Cruz, do que tamén  temos xa unha pequena bibliografía: " Santuario de la Vera-Cruz de San Cibrán de Carballino de Antonio Palacios " . Este interesántisimo libro foi escrito por Adolfo Otero Cerdeira, fillo do mestre canteiro que foi quen de levar á realidade o soño do arquitecto Antonio Palacios.


Polo que atinxe á literatura  tamén contamos con autores cuias obras se desenvolven      todo ou en parte no Carballiño ou na comarca. Tal é o caso de " O Frío Azul " de Ramón Caride Ogando, e de moitas das obras do escritor carballiñés Miguel Anxo Fernández :  , " O Sabre do francés ", " Lume de Cobiza " " O sangue dos Cortiña ". A derradeira aposta dunha novela cuia acción se desenvolve no Carballiño, é dun profesor do noso centro, Juan Manuel Valcárcel :  " La  Cruz del Salvador ".


Como curiosidade , sinalar tamén que contamos con dous exemplrares do libro:
"  El Cisne  de Vilamorta " de Emilia Pardo Bazán, e aquí si que podemos dicir que O Carballiño  e as súas xentes son os protagonistas absolutos desta obra menor de Pardo Bazán, de tal xeito que a escritora  utiliza o alcume Vilamorta para referirse ó Carballiño.  Esta pequena noveliña, préstase para facer un percorrido literario polas rúas do Carballiño, mesmo visitar a localidade de Banga, onde se conserva o Pazo dos Quiroga  no que Emilia Pardo Bazán pasaba as xornadas estivais e, con toda probabilidade escribiu este libro.